Cargando

AGEFEC lidera a redacción da Guía de Boa Práctica Enfermeira en Atención Domiciliaria en Galicia

AGEFEC lidera a redacción da Guía de Boa Práctica Enfermeira en Atención Domiciliaria en Galicia

  • Con este proxecto novidoso, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, pretende dar resposta a unha necesidade histórica dos Enfermeiros e Enfermeiras de Atención Primaria.
  • O obxectivo da guía é diminuír a variabilidade na práctica clínica e guiar ao profesional na asistencia domiciliaria.

 

A Asociación Galega de Enfermaría de Familia (AGEFEC) aposta polos coidados enfermeiros no domicilio das persoas. Este debe ser o lugar no que os Enfermeiros e Enfermeiras de Familia e Comunitaria por natureza, desenvolvan gran parte do seu traballo diario. Sen embargo, no Servizo Galego de Saúde a Atención Domiciliaria é heteroxénea, polo que se necesita dun documento marco que dirixa e focalice este tipo de actividade asistencial.

 

AGEFEC, ten entre os seus obxectivos mellorar esta situación, polo que se debe aportar o rigor científico necesario ao que debe ser a atención domiciliaria en Galicia. Por esta razón, o pasado venres día 24 de febreiro, a AGEFEC, celebrou a reunión constituínte do Grupo de Traballo para a redacción da “GUÍA DE BOA PRÁCTICA ENFERMEIRA  EN ATENCIÓN DOMICILIARIA”.

 

Este proxecto científico ten como obxectivo principal ser unha ferramenta de axuda para aqueles profesionais enfermeiros que teñan interese en desenvolver unha Atención Domiciliaria de calidade, proactiva e que incida na prevención e seguimento proactivo dos pacientes fráxiles e dependentes. Segundo as palabras do coordinador de redacción, Manuel-Vidal Fernández, “será unha guía que sirva para guiar ao profesional no seu quefacer diario e diminúa a variabilidade da nosa práctica profesional”.

 

Este proxecto, tamén está coordinado cientificamente por José María Rumbo Prieto, Supervisor de Coidados, Investigación e Innovación da EOXI de Ferrol.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios