Cargando

VI Xornadas Científicas da AGEFEC (Ferrol 2018)

VI Xornadas Científicas da AGEFEC (Ferrol 2018)

A Asociación Galega de Enfermaría Comunitaria (AGEFEC) ten a intención de celebrar a súa VI Xornada Científica galega na cidade de Ferrol na primavera do vindeiro ano.

Dende o Comité Organizador, gustaríanos realizar unha enquisa preliminar -tanto a tódolos socios e socias como ó resto de profesionais de Enfermaría- coa fin de coñecer os vosos intereses científico-formativos, para establecer así un programa o máis completo e interesante para todos.

Así, a continuación expoñemos unha serie de preguntas relativas ós vosos intereses para a súa posible inclusión no mencionado programa da vindeira xornada galega. Este cuestionario é anónimo, e gustaríanos contar coa vosa colaboración de cara a configurar un encontro o máis produtivo posible.

Podes responder á enquisa premendo no seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdqn81-psgz0PtJNT4LrzyByVRaGqAQJ68FFGyVfUW8zno_fg/viewform?usp=sf_link

Grazas pola túa colaboración.

Ignacio Couselo Fernández
Presidente do Comité Organizador
Secretario da AGEFEC

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios