Cargando

10º Aniversario da AGEFEC: 21 de abril en Santiago de Compostela

10º Aniversario da AGEFEC: 21 de abril en Santiago de Compostela

Estimados compañeiros, membros e amigos de AGEFEC:

Como sabedes este ano celebramos o 10º aniversario da constitución da nosa asociación.

O camiño faise andando e foron moitos os momentos compartidos neste percorrido, intensos todos eles, as veces é duro, outras doado, en ocasións resulta cansino pero as mais das veces enriquecedor e fascinante. Así tamén foi, é e será o camiño da AGEFEC. Levamos 10 anos xuntos dende que un 14 de febreiro de 2007 un grupo de enfermeiros de atención primaria de Galicia deulle forma a unha idea, creándose a primeira Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Moitas cousas pasaron neste percorrido, logros, avances, aprendizaxes… e compre celebralo todos xuntos, membros e amigos da nosa asociación, nun foro festivo e enriquecedor.

Polo que para tódolos organizadores do 10º aniversario da AGEFEC supón unha honra poder invitarvos a participar na tarde do vindeiro 21 de abril á xornada de aniversario da AGEFEC. Nesta ocasión reunirémonos baixo o lema “10 anos xuntos escribindo un capítulo da nosa historia”, na cidade que foi cuna do noso propio camiño, Santiago de Compostela.

Estamos seguro de que este evento vai a ser unha gran cita para a enfermería galega, un punto de encontro para tódalas xeracións de enfermeir@s. Convencidos tamén da enorme potencialidade de AGEFEC queremos que este evento se convirta nunha gran festa que sirva para reforzar os nosos lazos como enfermeiros.

Tende seguro que todo o comité organizador está a traballar coa mesma ilusión coa que empezamos a nosa andaína fai xa 10 anos.

Apuntemos pois esta data nas nosas axendas, participemos no debate da mesa, e na nosa asamblea que se vai a celebrar esa mesma tarde, da que recibiredes toda a información, e colaboremos a difundir esta convocatoria no noso entorno. Só co apoio de todos e cada un de nós chegareremos ao futuro dende o noso presente recordando tamén o noso pasado.

Un saúdo

Ana Isabel Calvo Pérez

Presidenta do Comité Organizador

 

INFORMACIÓN SOBRE O EVENTO

Toda a información sobre o evento está recollida nesta páxina: http://10aniversario.agefec.org

A inscrición ao evento é de balde, porén para facilitar a organización en función dos asistentes, agradecemos confirmación de asistencia mediante o formulario de inscrición contido na páxina do evento http://10aniversario.agefec.org/inscricion

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios