AGEFEC e Sindicatos reclaman a inmediata contratación temporal dos Enfermeiros Especialistas en Familiar e Comunitaria
- A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) compareceu conxuntamente cos sindicatos CIG, CCOO, CSIF e UXT para solicitar ao SERGAS a apertura inmediata dos listados de selección temporal dos Enfermeiros Especialistas en Familiar e Comunitaria e a operatividade das mesmas para este 2017.
Ante a situación desoladora e de extrema gravidade na que se atopan os Enfermeiros Especialistas en Familiar e Comunitaria, na que non se lles recoñece a especialidade nos cadros de persoal do SERGAS, a Sociedade Científica que representa aos Enfermeiros de Atención Primaria de Galicia, xunto as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial de Sanidade da Xunta de Galicia e SERGAS (CIG, CCOO, CSIF e UXT), veñen de reclamar ao Conselleiro de Sanidade, ao Xerente e a Directora Xeral de RRHH do Servizo Galego de Saúde a apertura inmediata dos listados de selección temporal dos Enfermeiros Especialistas en Familiar e Comunitaria e a operatividade das mesmas para este 2017.
Nesta comparecencia conxunta, o Presidente da AGEFEC, arroupado polos dirixentes sindicais destacou que “Hoxe é un día triste. É lamentable que unha sociedade científica teña que estar aquí hoxe xunto ás organizacións sindicais para reclamar algo que nunha Administración con sentido común teríase feito de inmediato.”
O representante deste colectivo de Atención Primaria, puxo como exemplo a outras administracións sanitarias do Estado, como a asturiana, a castelán-leonesa, etc. que si teñen en consideración a especialidade para amortizar este esforzo económico e humano dos servizos de saúde.
Segundo Represas, “hoxe estamos aquí para denuncia-lo trato impresentable, o menosprezo, a discriminación e o despilfarro de recursos públicos que a administración sanitaria galega está realizando cos enfermeiros e enfermeiras especialistas en familiar e comunitaria”.
Así mesmo, fixo mención á reivindicación dos titores galegos nas misivas que enviaron fai unhas semanas ao Conselleiro denunciando esta situación.
Para o Presidente da AGEFEC e as organizacións sindicais: “a pelota está no tellado do SERGAS. Xa non valen escusas. Xa non vale utilizar a burocracia para retorcer un proceso simple e claro. Os especialistas queremos feitos. Queremos un trato digno e igualitario que os especialistas en Saúde Mental e Traballo. Reclamamos a apertura de listas xa, con efectos neste ano”.
Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) como tamén dos propios titores que forman aos especialistas, queremos agradecer ás organizacións sindicais que lideraron esta iniciativa nos órganos de negociación do Servizo de Saúde, a súa implicación cos especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria e agardamos que o SERGAS, ante as reclamacións de tódolos axentes sociais, desbloquee esta situación e amortice o investimento e formación realizada neles.
Fixéronse eco desta noticia:
- Eurpopa Press: http://www.europapress.es/galicia/noticia-enfermeros-familia-exigen-sanidade-apertura-listas-contratacion-temporal-20170419135206.html
- Europa Press: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/54809-enfermeiros-familia-urxen-sanidade-apertura-listas-seleccion-temporal-cesamento-trato-impresentable
- Galiciapress: http://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/721131/enfermeria-familiar-urge-apertura-listas-acusa-sergas-menosprecio?ref=articlerelated
- La Vanguardia: http://www.lavanguardia.com/vida/20170419/421828600696/enfermeros-de-familia-urgen-a-sanidade-la-apertura-de-listas-de-seleccion-temporal-y-el-cese-del-trato-impresentable.html
- La Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/04/20/urgen-sergas-abrir-listas-incorporar-enfermeros-familia/0003_201704S20C4991.htm
- La Opinión de A Coruña: http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2017/04/20/enfermeros-familia-urgen-apertura-listas/1173074.html
- Faro de Vigo: http://amp.farodevigo.es/galicia/2017/04/20/enfermeros-urgen-sanidade-abra-listas/1663508.html
- Inversión y finanzas: http://www.finanzas.com/noticias/empleo/20170419/reclaman-incorporacion-sergas-especialidades-3606490.html
- 20 minutos: http://www.20minutos.es/noticia/3015193/0/enfermeros-familia-urgen-sanidade-apertura-listas-seleccion-temporal-cese-trato-impresentable/
- Acta Sanitaria: http://www.actasanitaria.com/la-asociacion-gallega-enfermera-familia-pide-la-contratacion-temporal-inmediata-sanitarios/
- Noticias Vigo: https://www.noticiasvigo.es/reclaman-incorporacion-no-sergas-das-especialidades-enfermeria/
- Galicia Confidencial: http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/54809-enfermeiros-familia-urxen-sanidade-apertura-listas-seleccion-temporal-cesamento-trato-impresentable
- La Información: http://www.lainformacion.com/salud/especializaciones-medicas/pediatria/Enfermeros-Sanidade-apertura-seleccion-impresentable_0_1018698858.html
Non están permitidos os comentarios.