Cargando

AGEFEC segue promocionando a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas universidades

AGEFEC segue promocionando a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nas universidades

Un ano máis, o Grupo de Promoción da Especialidade da AGEFEC, retoma a súa campaña informativa nas facultades de Enfermaría de Galicia co obxectivo de dar a coñecer a nosa especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria, así como o seu programa formativo.

 

Nestas sesións trátanse diversos aspectos relacionados coa formación especializada, como foron o desenvolvemento normativo, o acceso á formación especializada, a aplicación do programa formativo nas Unidades Docentes do SERGAS, e o seu recoñecemento laboral/profesional.

Tanto a impresión como a valoración do alumnado foi moi positiva, considerando que a información achegada lles é útil para o seu desenvolvemento profesional, xa que a grande maioría dos alumnos ten en mente realizar unha especialidade. Pola nosa parte a experiencia foi do máis satisfactoria, permitíndonos coñecer a opinión e expectativas dos nosos futuros compañeiros.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios