Cargando

II XORNADA. “A SAÚDE EN TODAS AS POLÍTICAS. PLANS LOCAIS DE SAÚDE E AVALIACIÓN DO IMPACTO EN SAÚDE”

II XORNADA. “A SAÚDE EN TODAS AS POLÍTICAS. PLANS LOCAIS DE SAÚDE E AVALIACIÓN DO IMPACTO EN SAÚDE”

 

Data: 3 de outubro de 2017

Lugar: Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela.

Obxectivos:

– Fomentar a inclusión da Saúde en Todas as Políticas mediante a elaboración de Plans Locais de Saúde.

– Dar a coñecer a metodoloxía da Avaliación do Impacto en Saúde como ferramenta de apoio aos obxectivos dos Plans Locais de Saúde.

– Facilitar o traballo da administración local na elaboración do seu Plan de Saúde en colaboración coa administración autonómica.

– Dar continuidade ás accións impulsadas para promover o desenvolvemento da Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde (EPSP-SNS) no ámbito local.

A quen vai dirixida?

Responsables políticos dos concellos de Galicia (alcaldes e concelleiros).

Responsables e persoal técnico das áreas relacionadas cos determinantes de saúde de:

– Concellos.

– Deputacións provinciais.

– Consellerías da Xunta de Galicia.

– Outras Comunidades Autónomas.

– Asociación e organizacións cidadáns.

Quen organiza?

– A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade e da Secretaría Xeral para o Deporte.

– A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

Inscrición gratuíta: no enlace http://www.sergas.es/Saude-publica/II-Xornada-A-saude-en-todas-as-politicas.

Xantar: será na cafetería da EGAP e correrá a cargo da organización.

Animámosvos tamén a participar activamente na xornada a través da actividade “O teu proxecto en 10 minutos”, na cal as entidades que están a traballar en actividades cun enfoque poboacional e con impacto en saúde na súa contorna poden presentar e difundir os seus resultados de forma breve (10 minutos). Prazo ata o 20 de setembro.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios