AGEFEC apoia publicamente a candidatura de Carmen Ferrer Arnedo á Presidencia do Consello Xeral de Enfermaría de España.
Despois da recente renuncia do actual Presidente do Consello Xeral de Enfermería, Máximo González Jurado, e apertura do período de presentación das candidaturas para presidir a Enfermaría do Estado español. Dende a Xunta Directiva da AGEFEC ao igual que tódalas Asociacións de Enfermaría Familiar e Comunitaria de España que estamos integrados na FAECAP, queremos facer público o noso apoio á candidatura encabezada por CARMEN FERRER ARNEDO. As eleccións celebraranse o próximo 31 de outubro.
Podes consultar a súa candidatura, así como o seu CV na seguinte ligazón: https://arnedoferrer.blogspot.com.es/
Por último queremos recordar que Carmen Ferrer, ofreceunos unha magnífica conferencia de clausura nas IV Xornadas Científicas da AGEFEC que se celebraron en Ourense os días 17 e 18 de outubro de 2014.
Non están permitidos os comentarios.