Grupo PACAP Vigo: traballo conxunto entre AGEFEC e AGAMFEC
Fai uns meses, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) comezaron un traballo conxunto para formar o grupo PACAP (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria) na cidade de Vigo, e deste xeito iniciar actividades de promoción da saude e preventivas para o ámbito da cidade olívica e áreas periféricas.
Celebráronse varias reunións, na que participaron profesionais sanitarios como médicos e enfermeiras de atención primaria e representantes de ambas sociedade científicas, como son Susana Aldecoa representando a AGAMFEC e María Rey representando a AGEFEC, a cal é responsable da área de Saude Pública e Comunitaria na AGEFEC.
Nas reunións realizadas tomáronse decisións sobre a liña de traballo que seguirá este grupo. No encontro levado a cabo no mes de setembro, cada asistente presentou ideas e posibles proxectos para realizar.
Unha das decisións tomadas nesa reunión foi a de realizar “paseos saudables con píldoras informativas”. A idea inicial é realizar unha por cada estación do ano, cambiando o percorrido en cada unha delas.
Tal foi o éxito, que o paseo saudable de outono xa tivo lugar, con socios do centro comunitario de Pi y Margal de Vigo. O primeiro paso foi dar unha charla sobre “exercicio físico e saúde”, a cal asistiron 50 participantes; o finalizar informouse os asistentes sobre a data da andaina, a cal tivo lugar polo barrio de Bouzas, cunha duración de 1 hora, o cal foi un éxito rotundo.
Neste momento xa estamos a traballar na organización do seguinte “paseo saudable” e na realización de charlas sobre “educación sexual e drogodependencia” nun instituto da cidade olívica.
Non están permitidos os comentarios.