Cargando

As SSCC de AP e os Colexios Médicos asinaron un manifesto pola Atención Primaria de Galicia.

As SSCC de AP e os Colexios Médicos asinaron un manifesto pola Atención Primaria de Galicia.

A Atención Primaria é a base necesaria para o bo funcionamento do noso sistema público de saúde. Só cunha Atención Primaria forte e sólida poden afrontarse os retos da cronicidade (de cada vez maior impacto nunha demografía como a de Galicia), a sobrecarga – xa estrutural – das Urxencias e as cada vez máis habituais dificultades para o ingreso no hospital dos pacientes.

No momento actual e debido a diversas razóns, os principios que definen á Atención Primaria (continuidade asistencial, tempo que asegure un acto médico de calidade, traballo en equipo, accesibilidade, capacidade resolutiva, actuacións en promoción e prevención da saúde…) están en claro perigo. E, sen eles, a A.P. perde o seu valor e influencia no bo funcionamento do sistema público de saúde galego.

Por elo, fanse imprescindibles cambios urxentes que reforcen a A.P. con decisións organizativas e orzamentarias de calado por parte do SERGAS, consensuadas cos axentes profesionais e sindicais de Galicia.

Entre elas, propoñemos:

  1. Cambia-la tendencia dos últimos anos e dedicar un orzamento propio, suficiente – nas porcentaxes recomendadas polos expertos en políticas sanitarias públicas – e coas estruturas necesarias para a súa xestión diferenciada, á Atención Primaria en Galicia.
  2. Instaurar xa os cambios estruturais que non poden agardar:
    • Garantir a máxima continuidade asistencial na A.P. para os pacientes.
    • Mellorar a xestión das substitucións e as prolongacións de xornada con ese obxectivo.
    • Incrementar a capacidade resolutiva da A.P. con acceso a tódalas probas diagnósticas e a tódalas consultas externas hospitalarias (incluíndo as monográficas), evitando os “filtros” electrónicos.
    • Reforzar a figura do Xefe/Coordinador de Servizo da A.P. para conseguir a máxima autonomía e compromiso dos Centros (axendas, organización interna, docencia…).
    • Mellorar as fórmulas de contratación eventual dos profesionais, evitando a multiplicidade de contratos encadeados de curta duración.
    • Redefinir e dimensionar – na medida das necesidades asistenciais – os cadros profesionais dos Centros de Saúde e das Urxencias extra hospitalarias.
    • Instaurar a especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
    • Poñer en marcha un plan de optimización da atención pediátrica na A.P.
    • Favorecer con medidas prácticas e realistas a Docencia, a Investigación e a Formación Continuada na A.P.
    • Avanzar na integración funcional dos servizos sociais e sanitarios.
    • Xerar dinámicas de coordinación asistencial coas residencias xeriátricas.
    • Ampliar os dispositivos de apoio hospitalario á A.P.: HADO, hospitais de día, consultas externas de acceso rápido…

Os Colexios Médicos e as Sociedades Científicas da A.P. de Galicia, instamos ao Goberno e a Consellería de Sanidade, a desenvolver o antes posible este tipo de medidas que xulgamos necesarias para o noso sistema público de saúde, poñéndonos como sempre fixemos, a súa disposición para – na medida das nosas posibilidades – colaborar nel.

Asinado:

  • AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria)
  • AGAPap (Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria)
  • AGEFEC (Asociación Galega de Enfermaría Familiar y Comunitaria)
  • CONSELLO GALEGO DE COLEXIOS MÉDICOS
  • SEMERGEN
  • SEMG (Sociedad Española de Médicos Generales y de Familia)

Manifiesto sobre la Atencion Primaria en Galicia Colegios Médicos y Soc…

agefec

agefec

1 Comment

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios