Cargando

AGEFEC celebra as súas VI Xornadas Científicas bianuais os próximos 13 e 14 de abril no Hospital Naval de Ferrol

AGEFEC celebra as súas VI Xornadas Científicas bianuais os próximos 13 e 14 de abril no Hospital Naval de Ferrol

  • A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), Sociedade Científica Enfermeira máis importante de Galicia, é a que representa ao colectivo de enfermeiros e enfermeiras de Atención Primaria.
  • Este evento científico acollerá a máis de 250 participantes.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) presenta nesta sexta edición un programa científico que en palabras do seu Presidente Francisco Represas define como “Moi completo e moi intenso para intentar situar onde se merece a Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia.  Despois de que a nosa especialidade se recoñecese no SERGAS mediante o Decreto 81/2016, agora atopámonos nun período decisivo para o seu desenvolvemento e a súa aplicación, cos beneficios que isto representa para toda a poboación Galega”.

O lema destas xornadas é “Abordando novos retos”. O comité organizador presidido por Ignacio Couselo, preparou un programa que levase aos profesionais fóra da consulta cara outros escenarios que son parte da esencia do traballo enfermeiro, o domicilio e a comunidade, nunhas situacións, como a fraxilidade e o final da vida, onde o acompañamento e o coidado enfermeiro son indispensables..

O programa ven cargado de obradoiros e comunicacións o venres, nos que os profesionais se poderán actualizar en coidados paliativos, sobre o coaching na educación para a saúde, no manexo de arritmias periparada, actualización sobre mapeo de recursos na comunidade e finalmente as comunicacións orais dos residentes en enfermaría familiar e comunitaria.

O sábado, os participantes exporán as súas comunicacións orais e pósters de temática variada no campo da atención familiar e comunitaria. Nesta ocasión os asistentes poderán desfrutar de tres  mesas redondas de debate sobre Coidados ao final da vida. Como podemos mellorar a nosa atención?, Atención á Fraxilidade  e sobre Traballo coa comunidade, cunha clara apertura ao papel da atención integral aos individuos, familias e comunidades dende unha Atención Primaria forte, preventiva e resolutiva.

A conferencia de clausura será moderada por María Rey Grandal, Enfermeira especialista en Familiar e Comunitaria, Vogal de Saúde Pública e Comunitaria da AGEFEC e correrá a cargo de Susana Aldecoa, Médico Especialista en Medicina Familiar e Comunitaria no Centro de Saúde de Beiramar en Vigo e Membro do grupo PACAP.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios