Cargando

O Sergas publica o listado definitivo de aspirantes á categoría de Enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria

O Sergas publica o listado definitivo de aspirantes á categoría de Enfermeiro/a especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria

  • Este martes 17 de abril do 2018, o Diario Oficial de Galicia, publica a RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de enfermeiro/a especialista en enfermaría familiar e comunitaria do Sistema público de saúde de Galicia.

 

“Estamos diante dun momento histórico” así o cualifica o Presidente da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) D. Francisco Jesús Represas Carrera.

Despois de moitos anos e dun longo, intenso e duro traballo da AGEFEC, Sociedade Científica que liderou e traballou activamente dende a súa fundación para acadar este fito, esta resolución marca o comezo dunha nova etapa na Atención Primaria de Galicia, (un fito só equiparable a chegada dos especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria) e tamén o que será un piar fundamental na atención á cronicidade en Galicia.

A pesares de que a contratación de enfermeiros/as especialistas en familiar e comunitaria era un realidade noutras comunidades, Galicia é a primeira en realizar esta contratación baixo a categoría de Enfermeiro/a Especialista, o que supón un maior recoñecemento, e asemade a instauración dun modelo moito máis sólido que redundará no beneficio dos pacientes e usuarios do Servizo Galego de Saúde.

 

O reto que deberán asumir estes profesionais

Coa promoción da saúde, a prevención da enfermidade e a abordaxe aos pacientes fráxiles, crónicos e pluripatolóxicos por bandeira mediante unha atención integral á familia e a comunidade, estes enfermeiros especialistas deberán asumir o reto de continuar mellorando o labor de todos aqueles enfermeiros e enfermeiras que xunto ao resto de profesionais da Atención Primaria, puxeron en marcha este recurso asistencial.

A chegada de novos profesionais, formados por e para Atención Primaria e tamén para afrontar con maior forza os retos de saúde que atinxen ao sistema sanitario galego como son o envellecemento, a cronicidade e a pluripatoloxía, problemas nos que a prevención e os coidados son fundamentais para afrontalos con éxito.

 

Metas pendentes

Para a AGEFEC a apertura da porta da contratación dos especialistas en enfermaría familiar e comunitaria é o primeiro paso para o aproveitamento das capacidades destes profesionais, porén dende a Sociedade Científica dos enfermeiros e enfermeiras de Atención Primaria bótase de menos a falta do recoñecemento a nivel legal daquelas enfermeiras e enfermeiros que están pendentes de obte-lo título de especialista pola proba de acceso extraordinario. Dende a Sociedade Científica AGEFEC ponse de manifesto que se redobrarán esforzos para lograr que os Ministerios de Sanidade e Educación realicen canto antes a citada proba.

 

Agradecementos

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) queremos agradecer dun xeito moi especial os apoios recibidos neste longo proceso, comezando polos propios titores e colaboradores docentes da formación dos EIR, das Sociedades Científicas Médicas de Atención Primaria galegas, dos colexios oficiais de Enfermaría e Medicina e das organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF e UGT. Tamén queremos agradece-lo apoio e a implicación neste proceso dos grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia (PP, En Marea, PSdeG-PSOE e BNG) así como da Consellería de Sanidade.

Resolución no DOG

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios