Programa Falemos de Saúde, no Concello de Ames
Dende fai uns meses, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) xunto cos servizos sociais do Concello de Ames, organizamos o programa “Falemos de Saúde”, formado por varias sesións educativas que terán lugar no local JUPEMI ao longo deste 2018.
Trátase dunha serie de charlas dirixidas á promoción da saúde, co simple obxetivo de axudar aos nosos maiores a afrontar mellor os seus problemas de saúde.
O pasado 9 de maio, iniciouse a primeira das sesións, a cargo da Dra. Susana Aldecoa, impartindo a charla “a actividade física como un estilo de vida”.
Dende hoxe ata o final do ano, explicaránse diferentes temas, como técnicas de relaxación, diabetes, dores musculares que serán impatidas por profesionais da saúde ben formados nestes problemas e necesidades de saúde. As sesións terán un carácter formativo, dinámico e interactivo.
Non están permitidos os comentarios.