Cargando

A Consellería de Sanidade regula a realización das vacinacións e o calendario de vacinacións do adulto.

A Consellería de Sanidade regula a realización das vacinacións e o calendario de vacinacións do adulto.

  • Este martes 15 de maio, o Diario Oficial de Galicia publicou a ORDE do 11 de maio de 2018 pola que se regula a realización das vacinacións no sistema sanitario público de Galicia e se actualiza o calendario de vacinación de persoas adultas do Programa galego de vacinación.

 

Esta Orde consolida dous aspectos importantes no referente ao Programa Galego de Vacinacións (PGV):

  • A autonomía das enfermeiras e enfermeiros na execución do PGV.
  • A regulación oficial do calendario de vacinación de persoas adultas do PGV.

 

A Enfermeira e a vacinación sistemática

Por medio desta orde, establécese un marco xurídico que proporciona maior seguridade na realización dos procesos e actividades que comporta o exercicio das vacinacións sistemáticas, tanto no calendario infantil, como no do adulto ou no resto de campañas de vacinación específicas.

Isto implica que as Enfermeiras e Enfermeiros do sistema sanitario público de Galicia son totalmente autónomos no relativo ás vacinacións sistemáticas. Tal e como explica a exposición de motivos desta orde, «tendo en conta o carácter colectivo da vacinación non se require do diagnóstico nin da prescrición médica previa, xa que a cobertura esténdese, como queda indicado, a cubrir as necesidades preventivas de determinados colectivos, sexan definidos pola súa idade (poboación infantil e adolescentes, a maiores de 60 anos), ou por outras características (mulleres embarazadas, persoas con risco de complicacións ou con enfermidades de base, persoas que lles poden transmitir a gripe a persoas con alto risco de complicacións, etc.) e de traballadores sanitarios que, por traballar nos servizos de asistencia sanitaria, poden evitar que se propague a pacientes vulnerables.»

Polo tanto, conforme ao artigo segundo desta orde: «o centro directivo do Servizo Galego de Saúde con competencias en asistencia sanitaria ditará as instrucións necesarias para que as vacinas sexan administradas polo persoal de enfermaría, conforme os sistemas e protocolos utilizados ata o momento e seguindo as instrucións técnicas e complementarias que se indiquen.»

Calendario de vacinación de adultos

O calendario de vacinación de persoas adultas é o publicado en 2017. Preme aquí pra acceder.

 

Preme aquí pra acceder a Orde publicada no DOG.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios