Cargando

Reunión entre a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC)

Reunión entre a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) e a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC)

O Presidente da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), Francisco Represas, reuniuse o pasado día 22 de maio co Presidente da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), Luciano Fernández.

Este encontro serviu para que a Federación Galega, a cal engloba múltiples Asociacións de patoloxías que causan Dano Cerebral, expuxera as súas demandas en relación á Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Incidiuse na importancia de que os/as Enfermeiras de Familia ofrezan unha adecuada continuidade asistencial entre os servizos de atención hospitalaria e atención primaria. Ademais, no encontro analizáronse as posibles necesidades formativas que puidesen ter os Enfermeiros e Enfermeiras de Familia para a correcta abordaxe deste tipo de doentes, así como para a identificación dos recursos comunitarios específicos.

O presidente da AGEFEC, ofreceu á FEGADACE a participación nunha xornada que se organizará no último trimestre do ano sobre o rol da Enfermaría de Atención Primaria no Programa Galego de Atención ás Enfermidades Crónicas que se publicará nos próximos días.

 

http://www.fegadace.org/

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios