Cargando

AGEFEC avala a decisión de Sanidade por continuar apostando levar a cabo a campaña de vacinación antigripal dende Atención Primaria

AGEFEC avala a decisión de Sanidade por continuar apostando levar a cabo a campaña de vacinación antigripal dende Atención Primaria

Ante a noticia publicada o pasado día 10 de setembro no diario La Voz de Galicia Farmacéuticos gallegos insisten en poder vacunar y el Sergas lo descarta, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), ven de remitir este mesmo luns unha misiva dirixida ao Director Xeral de Saúde Pública no que avalan a decisión deste departamento da Consellería de Sanidade.

Na carta, AGEFEC destaca que “a proposta realizada polos Colexios de Farmacéuticos non ten ningún encaixe real na sanidade galega” xa que a vacinación antigripal en farmacias noutros países con diferentes sistemas sanitarios “xustificase por unha realidade asistencial diferente na que a accesibilidade ao sistema sanitario e aos niveis básicos de atención, teñen uns indicadores moito máis baixos que en Galicia e España.”

A maiores das cuestións relacionadas coa seguridade do paciente, os enfermeiros de Atención Primaria de Galicia salientan que no actual modelo de atención integral e proactivo que se pretende acadar en Galicia, “a administración da vacina contra a gripe non se limita o seu simple procedemento, senón que forma parte dun conxunto de actividades realizadas para o correcto seguimento do paciente crónico e pluripatolóxico tanto por parte dos Enfermeiros de Familia e Comunitaria como dos Médicos de Familia. As Enfermeiras e Enfermeiros de Atención Primaria realizamos unha captación activa de pacientes para a vacinación contra a gripe durante todo o ano, aconsellándollo aos pacientes crónicos e ao seu entorno, nas revisións e contactos que manteñen ao longo de todo o ano.”

Por último a sociedade científica que aglutina e representa aos enfermeiros de atención primaria en Galicia, destaca os sistemas de detección automatizada de pacientes susceptibles de ser vacinados, pon de manifesto unha vez máis a importancia de que “a campaña de vacinación antigripal recaia na atención primaria, e non sexa un instrumento de lucro privado”, e engaden que “sinal de que o sistema actual funciona, reflíctese na positiva evolución dos índices de vacinación contra a gripe en Galicia”.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios