Cargando

Os Enfermeiros especialistas de Familia e Comunitaria reclaman ao Sergas que continúe apostando por este perfil

Os Enfermeiros especialistas de Familia e Comunitaria reclaman ao Sergas que continúe apostando por este perfil

  • A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria reclama que o Sergas continúe apostando por este novo perfil que redunda nunha mellor atención dos pacientes na Atención Primaria.
  • Os Enfermeiros especialistas en Familia e Comunitaria denuncian un trato desigual fronte a outras categorías profesionais por parte de Recursos Humanos.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) ven de remitir un escrito ao Conselleiro de Sanidade no que valoran positivamente o impacto dos Enfermeiros e Enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria, que se incorporaron neste mes de maio. AGEFEC pon como exemplo o liderado das actividades comunitarias nos seus centros e outros proxectos ambiciosos como Telea.

A Sociedade Científica lembra ao Conselleiro o compromiso asinado o 12 de febreiro do 2016 entre o seu departamento e sindicatos, polo que ambas partes se comprometían a que “as prazas de enfermeiro/a especialista incrementaranse progresivamente nos anos sucesivos”.

AGEFEC solicita ao Conselleiro de Sanidade unha estratexia e unha liña de continuidade na dotación e incremento progresivo deste perfil profesional nos cadros de Atención Primaria.

DISCRIMINACIÓN FRONTE A OUTRAS CATEGORÍAS PROFESIONAIS

Así e todo, os Enfermeiros e Enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria, están facéndolle chegar aos responsables de recursos humanos a súa indignación pola discriminación que está a levar a cabo a Dirección Xeral de Recursos Humanos con estes profesionais. Denuncian intrusismo – tal e como referiron recentemente o Colexio Oficial de Enfermaría de Coruña, que ostenta a presidencia do Consello Galego de Enfermaría, e a Asociación Galega de Enfermaría Pediátrica (‘Intrusismo’ forzoso en enfermería) – e tamén falan de “agravio comparativo con outras categorías profesionais, nas que as coberturas dos postos de traballo se realizan con criterios de eficiencia priorizando a especialistas da área, como é o caso do Persoal de Servizos Xerais (PSX) que realizan tódalas substitucións de admisión dos PAC independentemente de que os postos sexan de PSX ou celador, coas auxiliares de farmacia independentemente de que o posto de farmacia sexa de auxiliares de enfermaría ou de farmacia, ou tamén no caso das Enfermeiras especialistas en Saúde Mental, independentemente de que o posto estea cuberto por unha especialista ou por unha enfermeira de coidados xerais. En todos estes casos, o Sergas da prioridade nas substitucións aos especialistas de cada área – a excepción do caso dos especialistas de Enfermaría de Familia e Comunitaria en Atención Primaria –  porque é o persoal que conta coa mellor formación e competencias para desempeñar eses postos. Pero o sentido común remata onde comeza o caso dos Enfermeiros e Enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria.

Dende o colectivo piden que se poña fin ao intrusismo profesional co uso de non especialistas para a cobertura de ausencias na Atención Primaria, que se dote de máis postos desta categoría nos centros de saúde e que se executen as 23 vacantes presupostadas para este 2018.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios