Cargando

Campaña Gripe 2018

Campaña Gripe 2018

O vindeiro día 22 de outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal  que rematará o 28 de decembro.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e adultos con risco de complicacións derivadas da gripe, etc.) así como aqueles que poden ser transmisores do virus aos grupos de risco (sanitarios, forzas e corpos de seguridade do Estado, bombeiros, persoal de protección civil…), xa que mediante a vacinación contra a gripe o risco de hospitalización e morte se reduce nunha porcentaxe moi elevada, e principalmente as súas complicacións.

Como novidade neste ano, cabe subliñar a utilización, por primeira vez, da vacina antigripal tetravalente que se vai utilizar nas mulleres embarazadas e nos menores de 15 anos que presenten algunha condición de risco.

Tamén lembrámosvos que tedes a vosa disposición en  https://gripe.sergas.gal/ toda a información necesaria sobre a gripe, a vacina, a instrución de vacinación e toda aquela que vos poida ser de utilidade para proporcionar aos pacientes.

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios