Cargando

As Enfermeiras e Enfermeiros de Atención Primaria continúan traballando nos grupos da Consellería

As Enfermeiras e Enfermeiros de Atención Primaria continúan traballando nos grupos da Consellería

  • O grupo de traballo que agrupa a Enfermeiras e Enfermeiros de Atención Primaria para deseñar as propostas do novo modelo de Atención Primaria para os vindeiros 25 anos, continuou este venres elaborando propostas de mellora.

A raíz das declaracións publicadas hoxe en torno as Direccións de Enfermaría en Atención Primaria, o grupo de Enfermeiros dos centros de saúde que participan nos grupos de traballo organizados pola Consellería de Sanidade para mellorar e actualizar o modelo da Atención Primaria de Galicia, quere informar á cidadanía galega que as Enfermeiras e Enfermeiros de Atención Primaria, continúan a traballar sen descanso e con ilusión para acadar melloras asistenciais que beneficien aos pacientes.

“Consideramos que o noso deber é estar aquí e dar o mellor de nós mesmos para mellorar a Atención Primaria e a Sanidade Pública galega xunto ao resto de profesionais de tódalas categorías de Atención Primaria. Para nós sempre primará ante todo e sobre todo o beneficio do paciente”.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios