Resumo da Xornada AGEFEC: “Comprender o traballo enfermeiro, un reto prioritario”
O pasado venres 8 de febreiro reuníronse en Santiago de Compostela preto de 60 enfermeiros de Atención Primaria coa finalidade de debater sobre a labor das enfermeiras na Atención Primaria.
A xornada comezou coa presentación por parte de Francisco Jesús Represas Carrera, Presidente de AGEFEC, que puxo en valor o traballo da enfermeira en Atención Primaria, o papel fundamental na segunda reforma da atención primaria que se achega e a importancia da implantación real das enfermeiras especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Álvaro Carrera García enfermeiro no Centro de Saúde Valle Inclán presentou a primeira mesa de debate na que participaron Xosé Luís Álvarez Prieto, enfermeiro no Centro de Saúde Maceda e Verónica Civeira Pérez, Enfermeira no Centro de Saúde do Carballiño, os tres de Ourense.
Comezou Xosé Luís falando sobre a Estratexia Galega para a Atención a Persoas en Situación de Cronicidade. Fixo un breve repaso sobre a historia do traballo da enfermería, dificultades e oportunidades que se foron presentando ó longo dos anos, facendo fincapé na importancia de COIDAR.
Continuou Verónica, presentándonos unha intervención comunitaria levada a cabo no ámbito educativo da área de Ourense “Pupas, Sustos e outros desgustos”. A iniciativa consiste na realización dunha serie de talleres de primeiros auxilios levados a cabo na provincia. Os alumnos, a través do xogo e da simulación aprenden a actuar en situación como golpes, feridas ou determinados casos de emerxencia.
A seguinte intervención foi presentada por Francisco Jesús Represas que enumerou o extenso e impresionante currículo da seguinte relatora, Alba Brugués Brugués enfermeira adxunta á Dirección-Xerencia do Consocio de Castelldefels Agentes de Salud (CASAP) e Presidenta da Sociedade Catalana de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AIFICC).
Alba comezou explicando a idiosincrasia do sistema catalán de saúde e continuou coa implantación da Xestión Enfermeira da Demanda en Cataluña.
Aclarou que a xestión enfermeira da demanda defínese no DOGC como a resposta que da a enfermeira a un cidadá ou cidadán sobre calquera demanda relacionada coa saúde e que precisa unha resolución preferente. Diferenciase do “triaxe” porque mentres a xestión da demanda pretende dar solución ó problema de saúde plantexado, o triaxe refírese á Recepción, Acollida e Clasificación de pacientes, algo propio do medio hospitalario, no cal a enfermeira non executa ningunha intervención que leve á resolución do problema, a diferencia da Xestión Enfermeira da Demanda onde a enfermeira si resolve o problema de saúde do paciente de xeito autónomo.
A implantación foi progresiva e comezou coa formación dos profesionais, A enfermeira catalá fixo fincapé na importancia da lexislación e formación para conseguir a total instauración.
Finalmente celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria da AGEFEC
Non están permitidos os comentarios.