Cargando

OS ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA PRESENTARÁN UNHA EMENDA A TOTALIDADE DO BORRADOR DA REFORMA DE ATENCIÓN PRIMARIA

OS ENFERMEIROS DE ATENCIÓN PRIMARIA PRESENTARÁN UNHA EMENDA A TOTALIDADE DO BORRADOR DA REFORMA DE ATENCIÓN PRIMARIA

Trala análise preliminar do documento presentado este mércores pola Consellería de Sanidade, A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) presentará unha emenda a totalidade das propostas, por consideralo “un grave prexuízo para os intereses da cidadanía e por querer retroceder a Atención Primaria a un sistema de ambulatorios da década dos 70-80”.


O documento presentado por Sanidade está xerando un grave malestar e crispación nos enfermeiros e enfermeiras da Atención Primaria de Galicia, agravando de xeito considerable o conflito actual, xa que retrotrae o modelo de atención que proporcionan estes profesionais aos usuarios do sistema público ás décadas dos anos 70-80.


Así mesmo, tras esta avaliación, pódese concluír que a maior parte das propostas para o novo modelo presentadas á Consellería por parte do grupo de enfermeiras e enfermeiros de Atención Primaria, non foron incluídas, o que constitúe un menosprezo e falta de consideración do traballo realizado por estes profesionais, ademais tendo en conta que se formularon propostas de mellora para o sistema e non se realizaron peticións de beneficio individual. A única petición de remuneración económica que se lle solicitou á Consellería foi a compensación xusta para compensar a penosidade de realizar a Atención Domiciliaria no vehículo particular, dado o actual volume de atención no domicilio dos doentes, e o incremento que se prevé coa posta en marcha do plan galego de atención ás persoas en situación de cronicidade.

Así mesmo, dende AGEFEC queremos clarificar, que o que a Consellería de Sanidade vende como novas competencias, non son tales. Son competencias que os enfermeiros de Atención Primaria tiveron, que se recoñeceron e consolidaron formalmente coa especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria. A diferencia é que estas competencias eran exercidas polos profesionais médicos xa que os sistema sanitario estaba enfocado a curar, e agora as deben de exercer os enfermeiros de Atención Primaria xa que se debe reorientar o sistema sanitario a curar e coidar.


AGEFEC considera que o presente documento presentado en forma de borrador, debe ser mellorado na súa totalidade, para acadar unha Atención Primaria adecuada aos tempos e as necesidades da nosa poboación.

Esta Sociedade Científica presentará as necesarias alegacións nun documento detallado e consensuado polo seu grupo de expertos á Consellería de Sanidade.


Santiago de Compostela, a 22 de febreiro do 2019.

yolanda

yolanda

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios