Cargando

4 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O VIRUS DO PAPILOMA HUMANO

4 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O VIRUS DO PAPILOMA HUMANO

AGEFEC E FAECAP RATIFICAN O SEU COMPROMISO COA PREVENCIÓN DO VIRUS DO PAPILOMA HUMANO SUMÁNDOSE Á CAMPAÑA #ElVPHesCosaDeTodos  

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da loita contra o Virus do Papiloma Humano (VPH) e co obxetivo de mostrar o seu compromiso coa prevención desta enfermidade, AGEFEC e FAECAP sumaronse xunto coa compañía biofarmacéutica MSD e 27 entidades de diferente índole á campaña “El VPH es cosa de todos”, unha iniciativa de concienciación social destinada a mellorar o coñecemento da poboación sobre unha patoloxía da que poderían contaxiarse o 75% das persoas sexualmente activas nalgún momento da sua vida.

Para presentar a campaña celebrouse unha rolda de prensa no emblemático Cine Capitol e posteriormente estreouse o documental “Conectados”, filmado ad hoc para este día. Durante la comparecencia cos medios, revisaronse os datos clave do VPH en España, así como as estratexias vacunais e os principais retos no VPH da man de diferentes expertos de ámbito nacional como o Dr. Federico Martinón-Torres, pediatra e investigador clínico e xefe do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago, a Dra. Mar Ramírez Mena, especialista en Xinecoloxía e Obstetricia da Unidade de Xinecolóxica Oncolóxica e Patoloxía do Tracto Xenital Inferior do Hospital Clínico San Carlos de Madrid, vicepresidenta da Asociación Española de Patoloxía Cervical e Colposcopia (AEPCC) e membro da Xunta Directiva de HPV Madrid e a Dra. Esther Redondo, especialista en medicina xeral e comunitaria e coordinadora do Grupo de Traballo de Actividades Preventivas e Saúde Pública de SEMERGEN.

Previamente ó Día Internacional, puidose ver tanto nas pantallas exteriores do Cine Capitol como en diversos autobuses de Madrid e Barcelona, así como nos vestíbulos do Metro da capital, Barcelona e Bilbao, a imaxe de la campaña “El VPH es cosa de todos”.

Queremos animarvos a dar difusión á campaña e ó hashtag #ElVPHesCosaDeTodos  en redes sociais compartindo contenido e subindo unha foto co xesto “V”.

Máis información: https://laprevencionescosadetodos.com/vph/

yolanda

yolanda

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios