Cargando

DÍA MUNDIAL DO PARKINSON

DÍA MUNDIAL DO PARKINSON

O xoves 11 de abril, co motivo da celebración do Día Mundial do Parkinson e co lema “Coñecelo é o primeiro paso para combatilo”, AGEFEC acudiu á Asociacion de Parkinson de Vigo para explicar cal é a labor das enfermeiras de familia e comunitaria ós doentes de parkinson.
Coincidindo coa celebración do día da Atencion Primaria, púxose de manifesto unha das grandes tarefas que é acompañar ó paciente e a familia ao longo do ciclo vital, o coidar, educar e empoderar, e como non, a atención domiciliaria.
Proporcionamos coidados lonxitudinais e aconsellamos sobre os recursos comunitarios dispoñibles que poidan fomentar a saúde e a calidade de vida, sen esquecer a relación cercana e de consello que se establece co coidador princial.

Acudiron Gemma e Belen, Vicepresidenta e vogal por Vigo da AGEFEC

yolanda

yolanda

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios