Cargando

1ª oferta de emprego de persoal estatutario da categoría de Enfermeiro/a especialista en Familiar e Comunitaria.

1ª oferta de emprego de persoal estatutario da categoría de Enfermeiro/a especialista en Familiar e Comunitaria.

O 14 de febreiro do 2007, un grupo de Enfermeiras e Enfermeiros de Atención Primaria, comprometidos coa profesión e co nivel básico asistencial da saúde fundaron esta Sociedade Científica da que formamos parte, coa fin de desenvolver plenamente as competencias e potencial da Enfermaría no ámbito da Atención Primaria. Para tal fin, unha das prioridades establecidas foi traballar a prol da posta en marcha da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
Ao longo dos anos, todos nós tivemos a oportunidade de unirnos e formar parte desta gran familia, para traballar a prol dunha Atención Primaria con COIDADOS de primeira.
A implicación, o esforzo e duro traballo de moitos de vós deu lugar a que no 2011, as Unidades Docentes de Medicina Familiar e Comunitaria de Ferrol e A Coruña, fosen as primeiras en acreditarse como de Atención Familiar e Comunitaria e ofertar as primeiras prazas EIR. Detrás viñeron Pontevedra, Vigo e Ourense, e para o ano alédanos anunciar que se unirán Santiago e Lugo.
O duro e incesante traballo da AGEFEC deu lugar a que no ano 2016, o Servizo Galego de Saúde crease a categoría de Enfermeiro/a Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Contra toda previsión, comprácenos anunciar que este 15 de maio do 2019 prodúcese un dos maiores fitos históricos da Atención Primaria galega, coa convocatoria da 1ª oferta de persoal estatutario da categoría de Enfermeiro/a especialista en Familiar e Comunitaria.
Estamos a falar da primeira OPE específica de Enfermaría de Atención Primaria en case 30 anos.
Quédanos pois como meta a acadar neste 2019, o pleno recoñecemento da
especialidade coa celebración da vía extraordinaria que agardamos que se celebre este ano.
Podemos afirmar que este triunfo da AP, e da Sanidade Pública galega é o resultado do traballo da AGEFEC, que con fidelidade aos principios que nos rexen, afouteza e tenacidade fomos quen de lograr todos estes fitos, e seremos quen de lograr todos aqueles que nos quedan por acadar.
Deste xeito, Galicia é a primeira comunidade autónoma en crear a categoría profesional de enfermeira Especialista en Familia e Comunitaria e ofertar unha oferta publica de emprego.
A primeira revolución da AP chegou da man dos MIR de Familia e Comunitaria, etapa na que as Enfermeiras/os que formastes parte dela, sentastes os alicerces necesarios para que a segunda importante revolución da Atención Primaria chegue da man dos EIR de Familia e Comunitaria. Un impulso para o desenvolvemento da profesión e da Atención Primaria.


yolanda

yolanda

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios