Cargando

Valoración da AGEFEC sobre o contrato de continuidade do SERGAS na AP

Valoración da AGEFEC sobre o contrato de continuidade do SERGAS na AP

A presente valoración circunscríbese en exclusiva ao ámbito da Atención Primaria. AGEFEC non valora cuestións relativas a outros ámbitos asistenciais.

  • AGEFEC considera que as principal medida a adoptar para a estabilización do persoal enfermeiro no ámbito da Atención Primaria debe ir encamiñada co incremento de prazas estruturais mediante a creación de novas prazas de Enfermeiro/a especialista en Familiar e Comunitaria e a reconversión das novas prazas vacantes. Consideramos que esta medida é fundamental para garantir a viabilidade das Unidades Docentes e para poder asumir o incremento de enfermeiros especialistas en familiar e comunitaria, que se forman nos centros de saúde galegos, incremento que foi solicitado recentemente pola Consellería de Sanidade ao Ministerio de Sanidade, co fin de poder continuar incrementando a oferta de especialización dos enfermeiros, dar resposta as necesidades do sistema e ofertar coidados enfermeiros avanzados e especializados no ámbito da Atención Primaria.
  • AGEFEC entende que mentres a taxa de reposición non sexa eliminada, a creación masiva de novas prazas estruturais de enfermeiro/a especialista en Familiar e Comunitaria – o que non impide para a reconversión – vai ser un factor limitante. Por elo, coa fin de reter aos enfermeiros  especialistas en familiar e comunitaria formados, e impedir a súa fuga a outras comunidades onde si priorizan a súa contratación en Atención Primaria, o contrato de continuidade pode ser unha solución temporal, que garante maior estabilidade.
  • AGEFEC lamenta que este contrato non sexa utilizado para reter a estes profesionais no que o SERGAS investiu 60.000€ para formar a cada especialista, a parte do tempo e esforzo gratuíto dos titores e colaboradores docentes que os formaron.
  • AGEFEC rexeita que o contrato de continuidade, derive en prazas estruturais do cadro de persoal de Atención Primaria, xa que consideramos que esta fórmula de contratación é unha mellora das condicións laborais do persoal eventual a hora de realizar cobertura de ausencias.
  • AGEFEC lamenta que o 75% dos enfermeiros especialistas en familiar e comunitaria (só o 25% posúe unha praza estable nos cadros de Atención Primaria), sexan obrigados polo actual sistema de contratacións a ter que aceptar contratos en hospitalaria para non ser sancionados, impedindo deste xeito que profesionais formados na Atención Primaria para traballar en Atención Primaria, presten coidados avanzados e especializados á poboación, dilapidando recursos públicos investidos na súa formación.
agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios