Cargando

2nd International Congress of Family Health Nursing & 1st Iberic Congress of Family Health

2nd International Congress of Family Health Nursing & 1st Iberic Congress of Family Health

16, 17 e 18 de Outubro 2019
Lisboa | Escola Superior de Enfermagem de Lisboa

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria colabora coa Sociedade Portuguesa de Enfermería en Saúde Familiar (SPESF) na organización do II Congreso Internacional de Enfermaría en Saúde Familiar e 1º Congreso Ibérico de Saúde Familiar, que terá lugar en Lisboa, do 16 ao 18 de outubro de 2019.

Con este evento pretendese contribuír á difusión da evidencia en Enfermaría na Saúde Familiar, en particular, e en Saúde Familiar en xeral, a nivel nacional, ibérico e mundial, ademáis de contribuír á historia da enfermaría en saúde familiar, un colectivo cada vez máis integrador, máis amplo e participativo.

Os autores de traballos científicos poden enviar resumos en formato comunicación oral ou en póster, ata o día 20 de setembro. Os traballos científicos poderán presentarse en galego, castelán, inglés ou portugués.

Os socios de AGEFEC disporán do desconto na inscripción ó congreso que se realiza a socios de SPESF

Máis información na web do congreso:

yolanda

yolanda

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios