Enfermeiras de Familia e Comunitaria galegas a nivel internacional
- O 2nd International Congress of Family Health Nursing& 1st Iberic Congress of Family Health foi organizado pola Sociedade Portuguesa de Enfermagem de Saúde Familiar, a AEC e a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria.
- No congreso, a Ministra de Saúde de Portugal, Dª Marta Temido Simões anunciou que o novo goberno portugués ten por obxectivo nos vindeiros 4 anos, que tódolos cidadáns conten cun Enfermeiro especialista de Familia.
- A introdución decidida polo goberno Portugués, ven sido tomada polo envellecemento do país, que ronda o 21% de maiores de 65 anos, fronte a Galicia que acada case o 30%.
- AGEFEC considera que a aposta da Consellería de Sanidade coa incorporación de Enfermeiros Especialistas en Familia e Comunitaria está sendo ratificada noutros países da contorna e pide incrementar o esforzo para que nun futuro próximo, tódolos galegos dispoñan dun Enfermeiro especialista en Familia e Comunitaria.
- Numerosos Enfermeiros de Familia e Comunitaria asistiron a outros congresos científicos da contorna na pasada semana, o que para o Presidente da AGEFEC Álvaro Carrera, demostra que “o compromiso coa Atención Primaria, a formación e as competencias destes profesionais son garantía de resposta do sistema sanitario ás necesidades dos nosos cidadáns”.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), participou como organización colaboradora do 2nd International Congress of Family Health Nursing& 1st Iberic Congress of Family Health que tivo lugar a pasada semana en Lisboa. No evento participaron numerosas enfermeiras de familia galegas con diversas comunicacións científicas sobre a educación sanitaria a nenos na escola, educación sanitaria sobre a gripe en entidades asociativas, análise sobre desigualdades en saúde, etc. Así mesmo, o Presidente da AGEFEC, Álvaro Carrera, participou do debate sobre o futuro Enfermaría Familiar e Comunitaria no contexto Ibérico.
O Congreso Internacional foi inaugurado pola Ministra de Saúde do Goberno portugués, que anunciou que o Sistema Nacional de Saúde luso, incorporaría nos cadros de Atención Primaria nos próximos catro anos a Enfermeiros especialistas en Familia, co obxectivo de que tódolos portugueses tivesen un especialista de referencia.
Dende AGEFEC saliéntase a importancia da medida, xa que Portugal está comezando coa estratexia de crónicos cun envellecemento da poboación dun 21% de maiores de 65 anos, e Galicia cun 30% aínda lle custa acelerar o ritmo para abordar esta nova realidade.
Se queremos afrontar debidamente esta realidade, é necesario apostar polos Enfermeiros especialistas en Familiar e Comunitaria, xa que nos enfrontamos a un incremento substancial de coidados de alta complexidade. En palabras do Presidente da AGEFEC Álvaro Carrera, “é fundamental cuadriplicar a curto prazo o número de enfermeiros especialistas de familia e comunitaria nos cadros de persoal de Atención Primaria”
Por outra banda, numerosos profesionais enfermeiros de familia, participaron nas II Xornadas de Saúde Socio-comunitaria do SERGAS nos que presentaron diversos proxectos de intervención comunitaria integrais, outros focalizados en diversos problemas da comunidade e no congreso nacional de AENTDE sobre os últimos avances no proceso metodolóxico enfermeiro.




Mesa de debate: La visión de los profesionales sobre el proceso enfermero


impartido por Nazaret Rubio e Pablo Domínguez, Enfermeiros de Familia e Comunitaria
Referencia: Marta Temido quer que todos os portugueses tenham um enfermeiro de família. https://tvi24.iol.pt/amp/politica/saude/marta-temido-quer-que-todos-os-portugueses-tenham-um-enfermeiro-de-familia?utm_source=twitter&utm_medium=social&utm_campaign=ed-tvi24ultimas&__twitter_impression=true
Non están permitidos os comentarios.