Cargando

Solicitude Conxunta das SSCC de AP ao Conselleiro de Sanidade

Solicitude Conxunta das SSCC de AP ao Conselleiro de Sanidade

Este martes 21 de abril, as Sociedades Científicas de Atención Primaria AGEFEC, AGAMFEC e SEMG enviamos unha carta conxunta ao Conselleiro de Sanidade expoñendo parte da situación actual e na que solicitamos ser escoitados e tidos en conta cara a fase 2 de desescalada.

Vivimos un momento crucial para a Atención Primaria, diversos factores como a escaseza de EPIs potenciaron aínda máis a visión hospitalocentrista na nosa comunidade durante esta pandemia mundial. A pesar diso a Atención Primaria enfrentándose a un reto organizativo, cumpleu o seu papel de contención e detección de casos. E fixoo como puido, de forma descoordinada e sen directrices claras, pero sempre cumplindo.

Entramos nunha nova etapa, o momento de organizar a desescalada. Non debemos repetir o acontecido ata o momento polo que os profesionais da Atención Primaria deben ter voz e capacidade de decisión na organización e medidas de cara a desescalada

Non somos voluntarios solidarios, somos profesionais especialistas na atención primaria, máximos garantes da saúde das persoas, familias e comunidades.

Na carta enviada esiximos que se dé resposta a unha serie de incertidumes e cuestions plantexadas así como comezar a planificar a atención primaria que necesitaremos nun futuro inminente.

O SARS-COV2 chegou para cambiar la atención prestada nos Servizos de Saúde en xeral e na Atención Primaria en Particular,deberá de ser flexible, axeitando axendas, garantizando fluxos específicos, respetando distancias de seguridad independientes en cada centro e impulsando a atención non presencial.

Na vertebración do sistema sanitario é necesaria a potencia da Atención Primaria, con unha xestión e dirección correcta, independiente, coordinada e non supeditada á  atención hospitalaria.

Así mesmo, as enfermeiras, máis que nunca, reivindicamos a importancia dos coidados comunitarios así como a necesidade da existencia de responsables de saúde pública de zona. A presenza de enfermeiras nas áreas de toma de decisión é fundamental para unha axeitado plan de desescalada

yolanda

yolanda

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios