Cargando

AGEFEC solicita destinar a partida orzamentaria dos bonos de 250€ da Xunta a melloras na dotación nós cadros de persoal da Atención Primaria

AGEFEC solicita destinar a partida orzamentaria dos bonos de 250€ da Xunta a melloras na dotación nós cadros de persoal da Atención Primaria

A Sociedade Científica das Enfermeiras da Atención Primaria solicita a execución inmediata  do Plan de Atención Primaria 2019-2021 no relativo a incremento de prazas estruturais.

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) rexeita que a dotación orzamentaria que representa a bonificación aos profesionais que traballamos en primeira liña fronte a COVID 19, se nos bonifique con estes bonos.

Ante os previsibles recortes e axustes orzamentarios que sufrirán as Administracións públicas o vindeiro ano, consideramos que o máis prudente e eficiente para recoñecer a nosa labor e esforzo realizados durante esta crise, o maior recoñecemento e agradecemento, pasa por unha aposta sen vacilacións polo fortalecemento do Sistema Público de Saúde de Galicia en xeral e da Atención Primaria en particular.

Consideramos que é hora de fortalecer os cadros de persoal do primeiro nivel de saúde, nun momento crítico e clave, para o afrontamento de futuros rebrotes da actual pandemia mundial, así como para dar resposta ás maiores necesidades sanitarias en xeral e de coidados en particular da nosa poboación.

Santiago de Compostela a 20 de xuño do 2020.

yolanda

yolanda

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios