Cargando

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria

Pola presente notificación pública convócase a tódalas Asociadas e Asociados da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) a Asemblea Xeral en sesión Ordinaria e Extraordinaria ,

DATA:                 Venres 30 de abril do 2021.

HORARIO      1ª convocatoria ás 17.45 h    2ª convocatoria ás 18:15 h

LUGAR:        TELEMÁTICA A TRAVÉS DA AULA VIRTUAL DA FAECAP

FORMULARIO DE INSCRICIÓN https://forms.gle/iUJdoiPjPk3gT5ye9   (data límite de inscrición: martes 27 de abril ás 00:00 horas.

Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria:

  1. Aprobación das actas anteriores.
  2. Aprobación dos apartados do regulamento de réxime interno da AGEFEC relativos á Xunta Directiva sobre:
    1. Protección de datos e deber de segredo dos membros da Xunta Directiva
    1. Traspaso de poderes entre os membros da Xunta Directiva saíntes e entrantes
  3. Informe da memoria de actividade e económica
  4. Rogos e preguntas.

 Orde do día da Asemblea Xeral Extraordinaria:

  1. Proclamación de candidaturas á Xunta Directiva 2021-2023.
  2. Elección da nova Xunta Directiva 2021-2023
  3. Proclamación da nova Xunta Directiva 2021-2023.
  4. Toma de posesión da nova Xunta Directiva 2021-2023.

Tórnase público en Santiago de Compostela, o 12 de abril do 2021.

Asdo. Álvaro Carrera García

Presidente da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC)

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios