Cargando

Reconexión co paciente con diabetes dende Atención Primaria

Reconexión co paciente con diabetes dende Atención Primaria

Mércores 7 de xullo ás 18:00

A atención aos pacientes con diabetes na Atención Primaria foi alterada totalmente coa pandemia mundial da COVID-19, xa que os seguimentos programados víronse paralizados. Por outra banda, a experiencia profesional sempre nos amosou que había unha porcentaxe significativa dos cales non sempre acudían aos seguimentos recomendados.
A reinvención necesaria para dar unha resposta a estes pacientes adaptada as circunstancias actuais, fixo posible contemplar e potenciar outras ferramentas que foron gañando peso nos últimos tempos.
Con esta sesión, buscamos axudar aos pofesionais con novas ferramentas e metodoloxía adaptada a nova realidade para reconectar cos pacientes con diabetes e tamén o que pode ser unha estratexia cara outros problemas de saúde crónicos.

Para levar a cabo esta sesión formativa, e podela achegar a todos vós, contamos co patrocinio de MSD. Esta formación respecta os códigos éticos de colaboración coa farmaindustria, polo que AGEFEC garante a independencia dos contidos e que a selección dos relatores non está condicionada polas achegas do patrocinador

A webinar terá lugar o mércores 7 de xullo ás 18:00. Para participar é necesaria a inscrición previa a través do seguinte formulario https://forms.gle/ezYCaMP615m68fCM7

Relatores:

  • Álvaro Carrera García, Enfermeiro especialista en Enf. Familiar e Comunitaria. Centro de Saúde Valle Inclán de Ourense
  • Soraya Meijome Blanco, Enfermeira especialista en Enf. Familiar e Comunitaria. Centro de Saúde de Valga.

Inscrición libre e gratuíta.

Organiza

Patrocina

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios