Cargando

Posicionamento da AGEFEC en relación a cobertura do sistema sanitario con persoal EIR en xornada extraordinaria

Posicionamento da AGEFEC en relación a cobertura do sistema sanitario con persoal EIR en xornada extraordinaria

O sistema de formación sanitaria especializada mediante residencia constituíuse nas últimas décadas como a mellor forma de avance (científico e eficiente) das profesións sanitarias, tal e como mostran os excelentes resultados acadados no sistema nacional de saúde.

Este sistema consiste na contratación para formación de profesionais sanitarios graduados para que, mediante unha asunción progresiva de responsabilidades, poñan en práctica a súa aprendizaxe, sempre ligados a unha supervisión decrecente e progresiva. En ningún momento, o persoal residente (EIR, MIR, FIR, RFIR,BIR, QIR…) pode ocupar legalmente postos estruturais reservados a especialistas sanitarios.

A súa relación laboral co Servizo Galego de Saúde é mediante un contrato de formación, cunha regulación específica, na que as súas responsabilidades están ligadas ao período formativo no que se atopan e avaladas pola formación continuada.

Merece especial mención a situación vivida en marzo do 2020, durante a cal o momento de excepción e crise sanitaria sen precedentes deu lugar a adopción de medidas excepcionais neste sistema de residencia. Dado que os residentes de último ano se atopaban nos dous últimos meses de formación, e ante a necesidade imperiosa de especialistas sanitarios para afrontar a crise, foron sometidos a unha avaliación extraordinaria, mediante a cal se ditaminou se nese momento reunían as competencias inherentes ao programa formativo da especialidade para poder exercer nese momento como especialistas. Para aqueles que acadaron unha avaliación positiva, a Consellería de Sanidade fíxolles un contrato-encomenda de funcións, é dicir, deulles o aval legal necesario, considerándoos de facto especialistas (e recoñecéndolles o tempo traballado como tal) para o exercicio das funcións propias da súa especialidade.

Nos últimos días tivemos constancia extraoficial pola cal se ofertaba a realización de xornada complementaria ás enfermeiras residentes nas mesmas condicións que as enfermeiras de coidados xerais e especializados, como tamén de outras ofertas de realización de quendas en unidades hospitalarias fóra do ámbito de formación e da especialidade na que se forman que é a Atención Primaria.

Ante estes feitos, dende AGEFEC vémonos na obriga de lembrar que:

  1. O persoal residente (de calquera titulación sanitaria, antes mencionada) é persoal en formación. Calquera modificación das súas funcións ou condicións de traballo debe atinxirse a normativa vixente relativa ao seu réxime laboral especial.
    O Real Decreto 1146/2006, de 6 de octubre, por el que se regula la relación laboral especial de residencia para la formación de especialistas en Ciencias de la Salud, establece como deber dos residentes no artigo 4.2 alínea a) realizar todo el programa de formación con dedicación a tiempo completo, sin compatibilizarlo con cualquier otra actividad en los términos establecidos en el artículo 20.3.a) de la Ley 44/2003; segundo a Ley 44/2003, de 21 de noviembre, de ordenación de las profesiones sanitarias no artigo 20 sobre o sistema de formación de especialistas establece no punto 3 que establece os criterios a  alínea a) regula que: Los residentes realizarán el programa formativo de la especialidad con dedicación a tiempo completo. La formación mediante residencia será incompatible con cualquier otra actividad profesional. También será incompatible con cualquier actividad formativa, siempre que ésta se desarrolle dentro de la jornada laboral de la relación laboral especial del residente.
  2. Mentres estes profesionais estean con vínculo de residentes e non se realice unha suspensión de contrato de formación ou unha encomenda de funcións, como no período de estado de alarma e emerxencia sanitaria, os residentes teñen unha responsabilidade de actuación limitada e inherente ao seu programa formativo, de acordo ao seu nivel de supervisión.          
    O Real Decreto 183/2008, de 8 de febrero, por el que se determinan y clasifican las especialidades en Ciencias de la Salud y se desarrollan determinados aspectos del sistema de formación sanitaria especializada, en relación ao o deber xeral de supervisión e responsabilidade progresiva do residente determina no artigo 15.3 e 15.4 que: La supervisión de residentes de primer año será de presencia física y se llevará a cabo por los profesionales que presten servicios en los distintos dispositivos del centro o unidad por los que el personal en formación esté rotando o prestando servicios de atención continuada, e tamén que La supervisión decreciente de los residentes a partir del segundo año de formación tendrá carácter progresivo. A estos efectos, el tutor del residente podrá impartir, tanto a este como a los especialistas que presten servicios en los distintos dispositivos del centro o unidad, instrucciones específicas sobre el grado de responsabilidad de los residentes a su cargo, según las características de la especialidad y el proceso individual de adquisición de competencias.  
  3. A realización de xornadas complementarias sen o debido control das Unidades Docentes e fóra dun plan formativo fai perigar seriamente o seu proceso de formación, e como consecuencia pon en risco que estes profesionais poidan acadar o título de especialista ou, no peor dos casos, reducir o nivel de excelencia formativa en detrimento dos futuros pacientes.
  4. A nivel laboral, supón coller man de obra barata non recoñecida, porque a pesares de retribuír directamente igual que o resto de persoal, non lle son recoñecidas as mesmas cotizacións todo o tempo igual que o resto de persoal e tampouco lle é recoñecida a experiencia laboral desempeñada (selección temporal, OPEs…), xa que son persoal en formación, sendo laboralmente agraviados fronte ao resto de profesionais.

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria, ante esta situación queremos manifestar:

  1. Que ante a falta de respaldo xurídico e a falta de realización de encomendas realizadas nos termos do Estado de Alarma de 2020, AGEFEC oponse a utilización do persoal residente para cubrir as carencias de persoal enfermeiro.
     
  2. Que esta tipo de actuacións claramente ilegais poden poñer en risco a obtención dos títulos de especialista, ante unha eventual denuncia ou auditoría, xa que supón o claro incumprimento do programa formativo da especialidade e dos preceptos legais que os regulan (Lei 44/2003, de 21 de novembro, do Real Decreto 1146/2006, de 6 de outubro e Real Decreto 183/2008, de 8 de febreiro) por parte dos residentes, xa que un correo interno dos órganos directivos do SERGAS non os exime da súa responsabilidade individual.
  3. Que a solución pasa por mellorar en xeral as condicións de traballo, remuneración e recoñecemento profesional do persoal enfermeiro, en especial no que atinxe neste caso as xornadas complementarias para acadar maiores cotas de voluntariedade para cubrir xornadas extraordinarias, tal e como se fai habitualmente con outras categorías profesionais.

XUNTA DIRECTIVA
Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios