Cargando

FAECAP anuncia novidades con respecto á situación actual do proceso de obtención do título de Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria pola vía excepcional.

FAECAP anuncia novidades con respecto á situación actual do proceso de obtención do título de Especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria pola vía excepcional.

Tomas Mayoral, Subdirector Xeral Adxunto de Títulos e Ordenación, informou que en breve, posiblemente a finais de Maio, publicarase a resolución pola que, as persoas que aprobaron o primeiro exame de acceso a especialidade pola vía excepcional, poderán solicitar a emisión do título sen esperar á finalización do proceso.

Preténdese publicar tamén nesta resolución a apertura da nova inscrición ó segundo exame e que todos os recursos presentados estean resoltos para que todas as enfermeira e enfermeiros poidan presentarse.

A data da proba posiblemente non se coñeza con esta resolución debido á necesidade de renovar o convenio coa UNED, pero FAECAP foi informada de que se notificará antes do verán, e cunha antelación maior de 3 meses.

En relación á composición do examen, estanse a revisar as normas para evitar enunciados “confusos” ou de difícil comprensión e as preguntas realizaranse seguindo as competencias publicadas na especialidade.

Tras a reunión mantida, FAECAP propuxo mantener unha línea aberta para colaborar coa finalización do proceso.

Podes consultar a noticia completa na seguinte LIGAZÓN.

vania

vania

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios