Estado actual da especialidade en Galicia
3 Agosto, 2022
AGEFEC levou a cabo unha análise do estado actual da implantación da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria (EFeC) en Galicia e da situación laboral das enfermeiras e enfermeiros especialistas na nosa comunidade.
Despois dun estudo pormenorizado e segundo os datos dos que dispoñemos, obtivemos as seguintes conclusións:
- Galicia foi a primeira comunidade en convocar e resolver unha OPE da categoría de enfermeira especialista en EFeC, na que tomaron posesión 30 profesionais no ano 2021. Nos anos 2020 e 2021 aprobáronse novas ofertas de emprego público cun total de 31 prazas novas de EFeC, que aínda están sen convocar.
- A día de hoxe hai un total de 189 enfermeiras e enfermeiros especialistas inscritos nas listas de contratación temporal, das cales, unicamente o 37% (70) se atopa en contrato de interinidade.
- Por outra banda, chama a atención que de esas 189 persoas, un 22% (42) está a exercer noutra CCAA e un 10,6% (20) están traballado noutros servizos, desaproveitando, así, os recursos dos que conta o SERGAS para reforzar a Atención Primaria. Asemade, outro 5,8% (11) teñen a sorte de traballar en Atención Primaria, pero non como enfermeiras especialistas.
- Así mesmo, o vindeiro mes de Setembro rematarán a súa residencia 34 novas enfermeiras e enfermeiros especialistas en Galica, formación á que se destina unha cantidade económica que ronda os 60000€ por cada residente, para que, segundo os datos reflexan, moitos acaben traballando noutros ámbitos ou noutras comunidades debido a que non se lles ofrece fidelización contractual por parte do SERGAS, despilfarrando, así, os cartos e os esforzos invertidos na súa formación.
- Para rematar, o SERGAS ven de comunicar que habilitou que as persoas que resultaron aptas na primeira proba de acceso ó título de especialista pola vía excepcional, se poidan inscribir nas listas de contratación temporal da categoría, co cal, sumamos máis especialistas condeadas a unha bolsa bloqueada pola ausencia de fidelización dos seus profesionais.
Non están permitidos os comentarios.