V Xornada de Residentes de AGEFEC
O pasado venres, 6 de outubro, celebramos a V Xornada de Residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria de AGEFEC.
Inaugurando estas xornadas, tivemos o pracer de contar, unha vez máis, ca presenza de Mario Mosquera, director da Área de Xestión do Coñecememto e Talento da ACIS.
Hai que formar a máis residentes? Que diferenzas existen entre as distintas unidades docentes? Como se percibe a creación de novas figuras de especialistas?
Todo isto e máis foi tratado en dúas mesas compostas por Ana Garrote (titora), Manuel Varela (R2), Adrián Vences (R1), Patricia Torres (titora), Fernando Villar (especialista EFeC), David Fernández (titor), Isabel Pereira (R1), Lorena Comesaña (titora) e moderadas por Karin Meier e Belén González, vicepresidentas 2ª e 3ª de AGEFEC.
Moitas grazas a todas as persoas que nos acompañastes ese día, e moi especialmente a Yolanda Rodríguez Vieira, presidenta do comité organizador, polo traballo realizado
PROGRAMA
Que papel xogo como residente e titor/a no desenvolvemento da especialidade de Familia e Comunitaria?
16:30-16:45h Recepción
16:45-17:00h Mesa Inaugural
17:00-18:00h Mesa debate: Debilidades e ameazas. Ana Garrote (titora), Manuel Varela (R2), Adrián Vences (R1) e Patricia Torres (titora). Modera: Belén González.
18:00-18:45h Pausa café
18:45-19:45h Mesa debate: Fortalezas e oportunidades. Fernando Villar (especialista EFeC), David Fernández (titor), Isabel Pereira (R1) e Lorena Comesaña (titora). Modera: Karin Meier
19:45-20:15h Benvida novos/as residentes
20:15-20:30h Remate da xornada

Non están permitidos os comentarios.