AGEFEC únese ós catro Colexios de Enfermaría pola reclasificación no grupo A1
A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) únese ós catro Colexios de Enfermaría de Galicia para reivindicar a reclasificación das enfermeiras e enfermeiros no grupo A1.
Nunha misiva dirixida ó Conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, facemos constar que, “as enfermeiras e enfermeiros son profesionais da saúde altamente cualificados, resultado dunha formación universitaria especializada e dunha práctica laboral rigurosa e comprometida coa provisión de coidados de saúde de calidade”.
As enfermeiras e enfermeiros actualmente enmárcanse dentro do grupo A2, unha clasificación totalmente obsoleta na actualidade logo da entrada en vigor do Plan Bolonia e dita reclasificación ó nivel A1 recoñecería “o nivel académico das enfermeras, a súa responsabilidade na atención sanitaria e a súa contribución esencial ao sistema de saúde”
Nesta carta solicitamos, por unha banda, que a proposta sexa considerada de urxencia pola Consellería de Sanidade e se eleve a petición a nivel estatal liderando unha demanda que afecta e preocupa ao colectivo en toda España e, por outra banda, que de considerarse a creación dun grupo A1+, polos mesmo méritos de formación e asunción de responsabilidade, se encadre ás enfermeiras especialistas nesa reclasificación.
Non están permitidos os comentarios.