Cargando

Infografía “Planificación Compartida da Atención”

Infografía “Planificación Compartida da Atención”

O grupo de traballo de coidados paliativos de AGEFEC presenta unha nova infografía sobre a planificación compartida da atención (PCA).

A PCA é un proceso comunicativo que facilita a reflexión e a comprensión da vivencia da enfermidade e os coidados das persoas implicadas, que se centra na persoa e busca identificar e expresar os seus valores, preferencias e expectativas de atención e co obxectivo de promover a toma de decisións compartida tanto para o contexto actual coma para futuros.

O papel da enfermeira de familia é fundamental na PCA, pois brinda unha atención loxitudinal e coñece a historia do paciente, facilitando a relación de confianza e de cercanía, tamén ca súa familia.

Podes descargar a infografía completa, en galego e en castelán, na seguintes ligazóns.

vania

vania

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios