Convocatoria Asemblea Xeral 2024
16 Maio, 2024
Convócase pola presente a tódolas/os socias/os da AGEFEC, a vindeira Asemblea Xeral
Data: 1 de xuño de 2024
Lugar: Hotel Oca Puerta del Camino
Dirección: R/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña
1ª Convocatoria 12.00
2ª Convocatoria 12.30
Orde do día:
- Sesión Ordinaria:
- Lectura e aprobación se procede da acta anterior (27 de maio do 2023).
- Exposición e aprobación se procede da Memoria de Actividade e da Memoria Económica do último período.
- Presentación e aprobación se procede do proxecto de Orzamentos 2024.
- Expediente de honra.
- Rogos e preguntas.
- Sesión Extraordinaria:
Punto primeiro. Modificación do domicilio social da Asociación:
Modificación do Artigo 4 dos Estatutos vixentes. (véxase convocatoria PDF adxunta)
Punto segundo. Eleccións á Xunta Directiva:
- Proclamación de candidaturas e resolución de recursos, se os houbese.
- Elección da nova Xunta Directiva.
- Nomeamento e toma de posesión da nova Xunta Directiva.
Documentación adxunta:
2. Regulamento Executivo 1/24 sobre a presentación de candidaturas á Xunta Directiva
3. Procedemento de delegación de voto Asemblea Xeral do 1 de Xuño do 2024
Non están permitidos os comentarios.