Xornada de Residentes e Asemblea de socios/as AGEFEC
Onte celebramos unha nova edición da Xornada de Residentes de AGEFEC con dúas mesas moi interesantes.
Na primeira delas, “Que están facendo os nosos EIR?” a cargo de Ana Aspes, Mariana Millán e Paz Caínzos, e moderada por Sara Blanco, abriunos as portas da consulta e do centro de saúde cara todas aquelas actividades que van máis aló da parte asistencial.
Na segunda, “Onde comezamos, onde estamos e onde queremos chegar”, con Álvaro Carrera, Ana Balsa, Yolanda Rodríguez e Gemma Rodríguez como moderadora, debatíuse o pasado, presente e futuro da nosa especialidade en Galicia.
A continuación, celebrouse a asemblea de socios/as, onde tomou posesión do cargo a nova xunta directiva. Gemma Rodríguez, despois de 3 anos á fronte da asociación, cede o relevo á candidatura única encabezada por Belén Gónzález, pero continúa formando parte desta nova xunta directiva.
Queremos agradecer a María Fernández, a Álvaro Carrera, a Diego Canedo, a Soraya Meijome, a Mar Touceda, a Miguel Ángel Carreiro e a Melania Fraga todos estes anos de traballo e dedicación. Foi un auténtico pracer traballar con vós.
Damos a benvida a Leticia Carral, a Domingo Damián Rodríguez e a Adrián Vences.
Continuamos con forza e enerxias renovadas. Esperamos estar á altura!
Non están permitidos os comentarios.