Reunión na Consellería de Sanidade da nova Xunta Directiva
O pasado luns día 3, AGEFEC mantivo unha reunión na Consellería de Sanidade á que asistiron, por unha banda, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, o xerente do SERGAS, José Ramón Parada Jorgal e a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares, e, por outra banda, Belén González Martínez, presidenta de AGEFEC e Yolanda Rodríguez Vieira e Sara Blanco Sanmartín como vicepresidentas.
Nesta reunión, presentamos a nova Xunta Directiva de AGEFEC como un equipo renovado, con ganas, ilusión e mentalidade positiva, transmitindo o interese da nosa asociación en seguir colaborando coa Administración dende un punto de vista construtivo e en prol do ben da cidadanía. Ademáis, valorouse positivamente os cambios realizados na estrutura orgánica de Consellería e abodáronse os seguintes temas:
- A calidade asistencial: valorouse positivamente a súa inclusión como eixo transversal na estrutura orgánica de Consellería, así como os Plans Locais de Saúde e o seu avanzado estado de implementación, ou os procesos asistenciais integrados, que agardamos teñan maior implementación. Ademáis, solicitamos que se inclúan indicadores de proceso e de resultado na atención aos pacientes de cupo do mesmo xeito que se xera o informe de cobertura vacinal antigripal.
- Recursos humanos: solicitouse o 100% da conversión das prazas de Atención Primaria (AP) a enfermeira/o especialista en Enfermaría Familiar e Comunitaria (EFeC). Aportamos os datos dos que dispón AGEFEC recollidos no comunicado a prensa de abril de este ano, informando da existencia dunha eventualidade do 60% do total de EFeC, cando en roldas públicas o Conselleiro afirmaba un 8% máximo de eventualidade. Pedimos, tamén, a priorización dos contratos en AP, aportando antecedentes legais en outras categorías. Solicitaremos, de novo, reunión con Recursos Humanos, pois non respondeu a esta solicitude.
- Problemas de AP: complexos e multifactoriais. Ofértase colaboración na identificación da burocracia innecesaria, pídeselle que inclúan na valoración aos coordinadores de AP.
Dende AGEFEC informouse de que se seguirán solicitando reunións periódicas para continuar co diálogo e co traballo colaborativo.
Non están permitidos os comentarios.