Cargando

Reunión coa Asociación EIR

Reunión coa Asociación EIR

Onte asistimos a unha reunión moi produtiva cos compañeiros/as da Asociación EIR (AEIR).

Belén González, presidenta de AGEFEC, e Adrián Vences, vogal de Grupos de Traballo, asistiron a unha reunión telemática con Elena Sacristán, vogal coordinadora da Comisión de Comunicación AEIR España, e Iago González, representante AEIR Galicia, na que se trataron temas de interese común en canto á formación dos EIR e a implantación efectiva das especialidades, como é a implementación de criterios de calidade para a acreditación das unidades docentes e titores/as, a reconversión de prazas ou a priorización na contratación.

Manteremos o contacto para seguir traballando en prol dunha formación sanitaria especializada de calidade e dunha implantación real da especialidade.

vania

vania

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios