Acordo de colaboración entre FAECAP e a Confederación de Autismo España
8 Xullo, 2024
O pasado venres 28 de xuño firmouse un acordo de colaboración entre FAECAP e a Confederación de Autismo España.
O trastorno do espectro do autismo (TEA) é unha condición do neurodesenvolvemento que afecta á configuración do sistema nervioso e ó funcionamento cerebral. As familias son o principal apoio da persoa con TEA, xa que impacta en tódalas persoas que a rodean. Así mesmo, cómpre traballar coa comunidade para favorecer a comprensión doutras realidades e a aceptación das diferenzas.
FAECAP Comprométese a colaborar cos seguintes obxectivos:
- Identificación e difusión de boas prácticas na prevención e promoción da saúde física e mental das persoas con TEA.
- Consolidación da transferencia estatal dun modelo integral de vixilancia do desenvolvemento evolutivo para a detección precoz do TEA.
- Implementación dun sistema estatal de información sobre a situación sociodemográfica, necesidades e calidade de vida das personas con autismo.
- Mellora da detección de violencia de xénero en nenas e mulleres con TEA.
Realizando as siguientes actividades:
- Diseminar e difundir os resultados logrados no marco do proxecto levado a cabo por Autismo España.
- Promover accións de transferencia de coñecemento entre os profesionais da súa organización, desenvolvidas no marco dos proxectos de Autismo España.
Non están permitidos os comentarios.