Reunión ca federación Dano Cerebral Galicia
O pasado martes día 16 de xullo, acudimos a unha reunión con Dano Cerebral Galicia, organización non gubernamental que defende os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias en Galicia.
Nesta xuntanza na sede da federación á que asistiron, por unha banda, o presidente de Dano Cerebral Galicia, Luciano Fernández, a directora, Begoña Hermida, e a técnica de formación, Leticia Vila, e por outra banda, a presidenta de AGEFEC, Belén González, Adrián Vences e Damián Rodríguez, vogais de Grupos de Traballo e Formación Continuada respetivamente, traballamos na definición de áreas de traballo conxunto orientadas a aumentar a calidade asistencial no ámbito da atención ás persoas con dano cerebral adquirido e ás súas familias e á formación dos profesionais, como é:
- A vontade de AGEFEC de apoiar a implantación efectiva do Proceso Asistencial Integrado de Dano Cerebral Adquirido do Sergas
- O compromiso de elaborar unha oferta formativa conxunta dirixa a enfermeiros e enfermeiras de Atención Primaria e a organización de xornadas de formación e sensibilización na atención a personas con dano cerebral adquirido e ás súas familias.
- A colaboración na elaboración de materiais divulgativos centrados na atención dende a perspectiva da enfermaría familiar e comunitaria.
Para facer disto unha realidade, próximamente firmaremos un convenio de colaboración entre as dúas entidades.
Fonte da imaxe: Dano Cerebral Adquirido
Non están permitidos os comentarios.