Reunión coa Dirección Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria
O pasado luns 22 de xullo, asistimos a unha reunión coa Directora Xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares.
A esta reunión, á que tamén estaba convocada a Dirección Xeral de Recursos Humanos, mais desculparon a súa asistencia, asistiron en representación da nosa sociedade, a presidenta, Belén González, e a vicepresidenta, Sara Blanco.
Nesta reunión transmitíronnos o apoio hacia a nosa especialidade e a intención de apostar por ela no movo modelo de Atención Primaria. Trasladamos os datos actuais sobre a situación laboral dos e das especialistas da nosa comunidade e debateuse o número de prazas que se deberían reconverter. Dende AGEFEC transmitimos que todas, adquirindo o compromiso de que mínimo en igual número ós e ás residentes que rematan a formación cada ano, cun aumento inicial para estabilizar aqueles e aquelas que aínda non están a traballar en Atención Primaria.
Por outra banda, transmitimos a necesidade de contar con canles de interconsulta coa atención hospitalaria, así como a activación da prescripción de ortoprótese.
Para rematar, acordamos seguir mantendo futuras reunións para continuar traballando nos aspectos relativos a nosa profesión.
Non están permitidos os comentarios.