Congreso AGEFEC: envío de comunicacións ata o 30 de setembro
Dende o Comité Científico do VIII Congreso AGEFEC lembrámosvos que o prazo para a presentación de traballos ao mesmo finaliza o próximo 30 de setembro.
Os resumos presentados deben corresponderse con traballos de investigación, relacionados coa enfermería familiar e comunitaria, que empreguen metodoloxía cuantitativa, cualitativa ou mixta.
Estes resumos non deberán incluír información e/ou datos polos que se poida identificar os seus autores e/ou aos centros nos que desempeñan o seu labor. Se o fixesen, veriámonos obrigados a eliminalos do proceso de revisión.
Podedes consultar a normativa completa en https://www.congresoagefec.com/comunicacions
Queremos animarvos a enviar os vosos traballos que, estamos seguros, contribuirán a elevar a tradicional calidade científica que caracteriza aos Congresos da AGEFEC.
Un cordial saúdo.
Karin Meier Cácharo
Presidenta do Comité Científico.
Non están permitidos os comentarios.