Cargando

AGEFEC REÚNESE COA CIG PARA TRASLADAR INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DOS ESPECIALISTAS EFeC DE GALICIA

AGEFEC REÚNESE COA CIG PARA TRASLADAR INFORMACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DOS ESPECIALISTAS EFeC DE GALICIA

  • Os representantes da AGEFEC trasladaron os datos do último informe de setembro da situación laboral á central sindical.
  • Os datos revelan que hai preto de 600 especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria traballando no sistema público de saúde de Galicia, pero só o 30% (apenas 180) teñen un vínculo estable na categoría de EFeC na Atención Primaria.
  • AGEFEC trasladou a central sindical o feito de que máis de 400 profesionais estean traballando maioritariamente na Atención Hospitalaria, fóra do ámbito para o que foron formados, supón un claro e innegable problema de ordenación profesional, un menosprezo á Atención Primaria privándoa dos seus profesionais, e un conflito laboral de recorrido incerto.

A comitiva encabezada pola Presidenta da AGEFEC Belén González, o Vogal de Formación Continuada Damián Rodríguez e o asesor externo da Xunta Directiva Álvaro Carrera, reuníronse cos representantes da CIG, o Secretario Nacional Manuel Moreira e a Secretaria de Organización Ana Lestón. 

Os membros da AGEFEC, trasladaron a negra realidade dos datos á representación sindical, na que se evidencia o claro menosprezo á Atención Primaria, ás Enfermeiras/os especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria e a dilapidación de recursos públicos en materia de persoal por parte do Servizo Galego de Saúde.

AGEFEC expuxo que os datos poñen de manifesto que a práctica totalidade dos especialistas está traballando actualmente no Servizo Galego de Saúde, pero en ámbitos de fóra da categoría profesional da Atención Primaria. Esta realidade é froito da mala planificación, na que se forman máis profesionais que prazas estruturais. Desperdiciando así un capital de 60.000€ por especialista (uns 25 millóns de € en formación).

Tamén se remarcou que segundo os novos criterios de acreditación de unidades docentes e centros de saúde docentes, a actual dotación de enfermeiras especialistas nos mesmos, pode dar lugar a que moitos perdan a acreditación para a docencia de EIR de Familia e Comunitaria e outros vexan mermadas o seu número de prazas a ofertar.

Dende AGEFEC propúxoselle a CIG a necesidade de apostar por un plan de choque estrutural para combater a situación actual, e logo progresiva coa creación de prazas segundo a capacidade das unidades docentes galegas (un total 50 especialistas/ano).

Este plan de choque debe consistir en dúas vertentes simultáneas:

  • O desenvolvemento da disposición transitoria 2ª do decreto 81/2016, para a estabilización dos especialistas con fixeza na categoría de Enfermeiro/a de coidados xerais
  • Unha OPE de estabilización do resto de profesionais.

Remarcouse moito a importancia de que ambos procesos fosen simultáneos e de que estas medidas de choque deben comprender a totalidade de profesionais dispoñibles, pois do contrario en pouco tempo pode desatarse un conflito laboral importante por esta cuestión.

vania

vania

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios