Infografía “Comunicación de malas novas”
A comunicación efectiva entre os profesionais sanitarios e os pacientes, especialmente en situacións de coidados paliativos é fundamental para garantir un acompañamento humanizado e centrado nas necesidades da persoa enferma e a súa familia. Este proceso, que vai máis aló da simple transmisión de información, implica recoñecer as emocións, responder con empatía e deseñar un plan de coidados realista e alcanzable.
A presente infografía recolle unha guía de pasos clave para mellorar a calidade da comunicación no ámbito dos coidados paliativos. Desde a preparación previa á entrevista ata o recoñecemento do impacto emocional que ten esta interacción no profesional, cada fase busca fortalecer o vínculo terapéutico, promover a autonomía do paciente e ofrecer un apoio continuo tanto a nivel físico como emocional. Ademais, é crucial recoñecer os retos que supón a xestión das malas novas e os sentimentos que xorden, tanto no paciente coma no equipo sanitario, para mellorar a experiencia e evitar o desgaste emocional.´
Esta infografía está deseñada para ser unha ferramenta de apoio na práctica diaria dos profesionais de enfermería familiar e comunitaria, ofrecendo estratexias para unha comunicación máis próxima, comprensiva e eficaz en situacións delicadas.
Podes descargar en versión bilingüe, galego en castelán, los seguintes ficheiros.
Bibliografía:
- Ministerio de Sanidad. Guía de Práctica Clínica sobre atención paliativa al adulto en situación de últimos días. Madrid: Ministerio de Sanidad; 2021.
- Hospital Sant Joan de Déu. La primera noticia. Claves para el profesional. Barcelona: Hospital Sant Joan de Déu; 2016.
- Biomedicina R, Artús A, Beux V, Pérez S. Comunicación de malas noticias. Med Fam Com. 2012;7(1):35-41.
- Bascuñán L. Comunicación de malas noticias en salud. Rev Med Clin Condes. 2013;24(5):685-693. Disponible en: https://www.clinicacontinente.cl/revistas/2013/vol24num5/685-693.pdf.
- Ministerio de Sanidad y Consumo. Guía de Práctica Clínica sobre Cuidados Paliativos. Madrid: Ministerio de Sanidad y Consumo; 2008.
- Sociedad Española de Cuidados Paliativos. Guía de Cuidados Paliativos. Disponible en: https://www.secpal.com/guia-de-cuidados-paliativos.

Non están permitidos os comentarios.