Cargando

AGEFEC asiste á Xornada do Plan Galego de Atención Domiciliaria

AGEFEC asiste á Xornada do Plan Galego de Atención Domiciliaria

O pasado martes día 15 de outubro, tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a xornada “Transformando o presente, coidando o futuro” dentro do contexto do Plan Galego de Atención Domiciliaria 2024-2025 da Consellería de Sanidade.

AGEFEC asistíu a esta xornada, onde se abordaron as seguintes liñas a destacar:

  • Os criterios xerais de inclusión dos pacientes no programa de Atención Domiciliaria.
  • Estableceuse a necesidade de coordinación do equipo de Atención Primaria entre sí e coa Atención Hospitalaria.
  • Compartíronse experiencias de centros de saúde a través de profesionais de enfermaría e medicina, así como técnicos do SERGAS.
  • Abordáronse as novas tecnoloxías e a súa inclusión na vida laboral como elemento facilitador, que non substitutivo, da calidade humana na atención ao paciente.
  • O proceso de interconectibilidade das tecnoloxías co paciente a través de diversos dispositivos (telemetría, aplicacións en diabetes, etc).

vania

vania

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios