AGEFEC asiste, de novo, a unha reunión na Consellería de Sanidade
- AGEFEC informa, unha vez máis, do estado de precariedade laboral dos e das especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria no Sergas.
- Insistimos na necesidade de desenvolver unha Xestión Enfermeira da Demanda de xeito que a enfermeira sexa finalista na atención e acorde ós protocolos de prescripción enfermeira aprobados
- Entregamos, a petición da Consellería, un documento elaborado pola Asociación para a a inclusión de posibles interconsultas das enfermeiras de Atención Primaria a diferentes profesionais dos distintos niveis de atención
Este pasado luns día 21 de outubro acudimos de novo, a unha reunión na Consellería de Sanidade á que asistiron, por unha banda, a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares, o xerente do SERGAS, José Ramón Parada Jorgal, a directora de Recursos Humanos (RRHH), Mar Pousa, e, en representación de AGEFEC, a presidenta Belén González, e as vicepresidentas, Yolanda Rodríguez e Sara Blanco.
Nesta reunión informamos, unha vez máis, do estado de precariedade laboral dos e das especialistas en Enfermaría Familiar e Comunitaria (EFeC), datos que poñen de manifesto que a práctica totalidade dos especialistas está traballando actualmente no Servizo Galego de Saúde, pero en ámbitos fóra da Atención Primaria. Pola súa parte, dende a dirección de RRHH trasládannos que van traballar nun plan de reordenación profesional no Sergas e no que terán en conta as nosas aportacións de cara á ordenación da nosa categoría profesional.
En canto o desenvolvemento da Xestión Enfermeira da Demanda (XED), insistimos, novamente, na necesidade de crear fluxogramas nas que a atención enfermeira sexa finalista e non meras intermediarias, e acorde ós protocolos de prescripción enfermeira aprobados.
Por último, entregamos un documento elaborado pola Asociación a petición da Consellería na anterior reunión, para a inclusión de posibles interconsultas das enfermeiras de Atención Primaria, tanto a profesionais da Atención Primaria como da Hospitalaria.
Para rematar, puxemos de manifesto a voluntade de AGEFEC en traballar conxuntamente polo desenvolvemento das competencias da nosa profesión e pola inserción laboral das enfermeiras especialistas en EFeC no lugar ó que pertencen.
Non están permitidos os comentarios.