Celebración do VIII Congreso AGEFEC
A Coruña acolleu os pasados 8 e 9 de novembro o VIII Congreso da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), que levaba por lema “Actualizando as catro esferas da Enfermaría de Atención Primaria”.
Nesta edición, na que tivemos o pracer de contar coa asistencia de representantes de diferentes institucións, como da Consellería de Sanidade, das diferentes Áreas Sanitarias do Sergas ou dos Colexios Provinciais de Enfermaría, démonos cita máis de 200 enfermeiros e enfermeiras do ámbito da enfermaría de Atención Primaria (AP) de todo o territorio, tanto autonómico como nacional.
Para inaugurar o congreso, tivemos a honra de contar co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, coa presidenta do Colexio de Enfermaría da Coruña, Ines López Carral, e co director de Enfermaría da Área Sanitaria de A Coruña e Cee, Enrique González Rodríguez. Unha mesa na que a presidenta de AGEFEC, Belén González Martínez, fixo fincapé na defensa dunha atención enfermeira lonxitudinal ó longo de tódolos procesos, sen fragmentacións e dende unha perspectiva multiprofesional e interdisciplinar, así como da importancia da reconversión das prazas de Atención Primaria, xa que de nada serve aumentar a capacidade das unidades docentes se non se lles da ós e ás especialistas xa formadas unha saída profesional despois, destacando, á súa vez, que a progresión e desenvolvemento da profesión e a especialidade é un fito indiscutible, no que non podemos caer na estanquidade, na frea do avance e do progreso.
Ó longo destes dous días abordáronse as catro esferas da enfermaría a través de diferentes mesas nas cales, con motivo da súa celebración na Cidade Herculina, quixemos facer un recoñecemento a catro mulleres que formaron parte do desenvolvemento da nosa profesión e que son representativas desa cidade, dándolle o seu nome a cada unha das mesas, que foron o eixo central desta xornada científica.
Na Mesa de Xestión Juana de Vega, moderada por Melania Fraga Deus, Olivia Varela Meizoso, coordinadora de servizo de AP, María José Menor Rodríguez, presidenta do Colexio de Enfermaría de Ourense, e Susana Mirás Carballal, xefa do Servizo de Prevención e Control de Enfermidades (CEGACE) da Consellería de Sanidade, puxeron en valor o papel das enfermeiras en tódolos ámbitos da xestión sanitaria, da importancia de non olvidarnos de onde vimos, pero tamén de ocupar o sitio que nos corresponde.
A Mesa Asistencial Isabel Zendal, moderada por Vania Yáñez Fernández, protagonizárona Laura Sol Palacios Domínguez e Ana Saira Bautista Díaz, enfermeiras de Exterior e creadoras do perfil @enfermerasparaviajar, quenes resaltaron a importancia da prevención e a educación sanitaria para coidar da saúde dos nosos pacientes antes, durante e despois dunha viaxe.
A Mesa de Docencia e Investigación, moderada por Karin Meier Cácharo, estaba adicada a María Barbeito e Concepción Arenal, e contamos, por unha banda, con Olga Navarro Martínez e Vanesa Ibáñez del Valle, doutoras e fundadoras do proxecto Enfermeiras Invisibles que ensalzaron as figuras de, para moitos descoñecidas, pero importantes enfermeiras inventoras, invencibles e incribles e, por outra banda, con Carmen Neri Fernández Pombo, doutora e investigadora, que destacou a importancia da investigación e da producción científica para a nosa profesión.
Ademais destas mesas, organizáronse diferentes talleres, simposios e sesións da man de profesionais referentes en cadansúa materia: Enxertos en Selo, por Adriana Varela Buceta; Manexo do paciente ansioso-depresivo na consulta de AP, por Sara García Garrido; Abordaxe do tabaquismo na consulta de AP, por Cristina Moreno Asorey, Pupas, sustos e outros desgustos. Taller de intervención Comunitaria, por Verónica Civeira Pérez, Presente e futuro da vacinación do adulto, por Susana Mirás Carballal, Monitorización flash de glucosa: experiencia na práctica clínica dende AP, por Soraya Méijome Blanco e Cristina Souto Mosteiro; Abordaxes clínicos na deshabituación tabáquica. Optimización do tratamento para pacientes, por Belén Iglesias Francesch; e O papel da enfermaría na captación de pacientes, a cargo de Sara Lema López.
Do mesmo xeito, Adrián Vences Garrido, vogal de Grupos de Traballo (GdT), xunto con Mariana Millán Fernández e Lucía Insua Lago, do GdT de Coidados Paliativos, fixeron presentación dos novos grupos e animaron a tódolos asitentes a participar.
Para rematar, nomeouse como “Socio de Honra” a Manuel Vidal Fernández Fernández, socio fundador e expresidente de AGEFEC, que nos regalou unhas emotivas palabras e compartíu con todos e todas o que foran os inicios da asociación. Finalmente, otorgáronse os premios científicos ás comunicacións póster e orais que se presentaron en dúas mesas, moderadas por Miguel Ángel Carreiro Alonso e Estela María Souto Fernández, resultando o fallo do comité científico da seguinte maneira:
- Accésit Comunicacións Póster “Utilidade dunha intervención de enfermaría para prevención de conductas de risco na adolescencia”, autor principal Jacobo Vázquez.
- 1º Premio Comunicacións Póster “Repercusión dunha intervención educativa na saúde sobre os coñecementos en hábitos saudables”, autora principal Miriam Noguerol
- Accésit Comunicacións Orais “Programa de exercio físico específico para maiores de 70 anos: unha experiencia comunitaria”, autora principal Eva Herrero
- 2º Premio Comunicacións Orais “Avaliación dunha intervención educativa sobre infeccións de transmisión sexual en adolescentes”, autora pricipal Rita Peteiro
- 1º Premio Comunicacións Orais “Intervención para a abordaxe da fraxilidade desde a consulta de enfermaría de AP”, autora principal Marta Torres
Sen máis, agradecer a tódolos asistentes por vir, a aquelas personas que fixéstedes posible este evento, especialmente as que compoñedes o Comité Organizador: Yolanda Rodríguez Vieira, Ana Garrote Recarei, Andrea Raposo Varela e Sara Blanco Sanmartín; ó Comité Científico: Karin Meier Cácharo, Belén González Martínez, Miguel Ángel Carreiro Alonso, Jose Manuel Rosendo Fernández, Estela María Souto Fernández, Vanesa Rojo Amigo e Xose Luis Álvarez Prieto, e unha especial mención a Eloy Tembrás Franco, grazas por capturar nunhas marabillosas fotos estas dúas xornadas.
Non están permitidos os comentarios.