26 de Novembro – Día da Enfermaría Comunitaria. Celébrao con nós!
O 26 de novembro celébrase, dende o ano 2022, o Día Internacional da Enfermaría Comunitaria, unha data especial para recoñecer e visibilizar o labor fundamental que realizamos as enfermeiras comunitarias no coidado e a promoción da saúde da poboación.
Este ano, en AGEFEC, queremos conmemorar este día coa campaña ‘A túa enfermeira comunitaria, sempre ao teu carón’, unha iniciativa que reflicte o compromiso e a proximidade das enfermeiras de Atención Primaria coas persoas e as súas necesidades de saúde.
As enfermeiras comunitarias estamos presentes en todos os ámbitos onde as persoas nos necesitan: en consulta, nos domicilios, na atencion urxente ou na comunidade. O noso obxectivo e mellorar a calidade de vida e o benestar da poboación, sempre ao seu carón.
Nesta campaña recuperamos o símbolo do lazo burdeos, emblema da anterior edición, para representar a unión e o recoñecemento do noso colectivo.
Como participar?
- Viste un lazo burdeos o martes 26 de novembro e súmate a celebración.
- Descarga estes carteis e compárteos nas túas redes sociais. Tamén podes imprimilos e colocalos no teu centro de traballo, comunidades ou eventos. Telos dispoñibles en formato foto ou PDF.
- Usa os hashtags #DIEC e #DiaInternacionalEnfermeriaComunitaria para dar visibilidade a campaña.
- Etiquétanos nas túas publicacions para que as poidamos compartir.
Xuntas e xuntos, podemos destacar a importancia da nosa profesión e o impacto positivo que ten na saúde das persoas, das familias e das comunidades.
O 26 de novembro, celebremos a enfermaría comunitaria!





Non están permitidos os comentarios.